Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Nace a Asociación de Profesionais Técnicos ao Vivo

O PERSOAL DOS EVENTOS EN DIRECTO XúNTASE NA APTV PARA ACADAR MELLORAS NA PROFESIóN

Nace a Asociación de Profesionais Técnicos ao Vivo

MISCELáNEA | maio 10, 2019

imaxe non dispoñible

O persoal técnico que fai posible a realización de todo tipo de eventos e actos culturais en vivo ven de organizarse nunha asociación para defender os seus intereses profesionais. Creada o pasado xaneiro, deuse a coñecer agora a nova Asociación de Profesionais Técnicos ao Vivo (APTAV) que nace do paso á fronte dun cento profesionais cos obxectivos de “xuntar a todos os técnicos, visibilizar e dignificar a profesión, acadar melloras nas condicións de traballo, conseguir a conciliación laboral e a igualdade de xénero real”, segundo o seu comunicado de presentación. A APTAV está aberta a todos e cada un dos profesionais técnicos que traballan nos espectáculos e eventos en directo: técnicos de iluminación, son, vídeo, rexedoría, backline, rigging, montaxe de estruturas, persoal auxiliar, etc. A asociación de ámbito autonómico colaborará activamente cos centros de estudos e promoverá xornadas e cursos de formación por toda Galicia. APAV forma xa parte da Plataforma Estatal de Asociaciones de Técnic@s del Espectáculo (PEATE).

 

 

 

Sponsored Links: No Frills Flyer, Freshco Flyer, Food Basics Flyer, Walmart Flyer, Giant Tiger Flyer