Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Surfing the Lerez amplíase en dous días na súa novena edición

A ILLA DAS ESCULTURAS DE PONTEVEDRA ACOLLERá CASE VINTE ACTUACIóNS NOS DíAS 21 E 22 DE XUñO

Surfing the Lerez amplíase en dous días na súa novena edición

MISCELáNEA | maio 20, 2019

imaxe non dispoñible

O festival Surfing The Lérez xa ten cartel da súa novena edición, presentada recentemente na súa cidade, Pontevedra. Este ano a cita musical crece de acordo co seu tirón e pasa a celebrarse en dúas xornadas que ocuparan a Illa das Esculturas con case vinte actuacións en dous escenarios, con bandas de primeira liña da escena musical galega e tamén nacional e internacional e cunha mestura de xéneros para todos os gustos aínda que cao predominante presenza do rock. Os días 21 e 22 de xuño pasarán por Pontevedra os neocelandeses Labretta Suede & The Motel Six, Heredeiros da Crus, The Sex Museum, Basanta, Familia Caamagno, Thee Blind Crows, Malkeda, Ortiga, Maneiro, Holywater, Anaut, Rayo taser e a escola de rock de Paredes de Coura, entre outros. A entrada será de balde como sempre cun programa de recollida da organización redeAxuda en forma de produtos alimentarios ou de hixiene.

 

 

 

Sponsored Links: No Frills Flyer, Freshco Flyer, Food Basics Flyer, Walmart Flyer, Giant Tiger Flyer