Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Doce festivais de verán inclúense na marca Fest Galicia da Xunta

CANTOS NA MARé E CAUDAL FEST ENGADíRONSE AOS DEZ QUE XA ESTABAN NO 2018

Doce festivais de verán inclúense na marca Fest Galicia da Xunta

MISCELáNEA | xuño 19, 2019

imaxe non dispoñible

Unha ducia de festivais a celebrarse entre os meses de xullo e setembro conforman a segunda temporada do calendario Fest Galicia que promove a Xunta. Cantos na Maré de Pontevedra e Caudal Fest de Lugo veñen de engadirse aos 10 eventos que xa participaran na experiencia piloto do ano pasado: PortAmérica, Resurrection Fest, Atlantic Fest, Vive Nigrán, Sinsal SON Estrella Galicia, 17º Ribeira Sacra, SonRías Baixas, Revenidas, Festival de la Luz e WOS Festival. En todos eles, a Xunta organizará novas campañas de concienciación a prol da igualdade e da prevención da violencia de xénero, do uso do galego, do respecto medioambiental ou do fomento de valores positivos para a xuventude, que terán o seu epicentro nun renovado stand da marca, ao tempo que avanzará na medición do impacto económico e social dos festivais. Refórzase así a aposta por esta marca, impulsada pola Consellería de Cultura e Turismo, en colaboración con outros departamentos autonómicos, como vía de apoio a festivais considerados estratéxicos para a promoción do turismo musical de acordo con criterios de calidade, sostibilidade e responsabilidade social.

Este 2019 a campaña Fest Galicia se vincula estreitamente ao Xacobeo 21 baixo o lema Festivais que fan camiño. A través de inclusión nesta campaña os festivais obteñen un apoio económico adicional ás subvencións específicas que o Goberno galego convoca cada ano para eles. En concreto, como explicou o conselleiro durante o acto de presentación que se celebrou hoxe na Cidade da Cultura de Santiago, este ano a convocatoria de adhesión a Fest Galicia dotouse con 350.000 euros para contratos de patrocinio coas empresas organizadoras dos eventos. No apartado das industrias culturais, este ano avanzarase na realización de estudos de medición do impacto económico e social dos festivais, que arrancou en 2018 cos informes sobre PortAmérica, Resurrection, Sinsal, SonRías Baixas e Revenidas promovidos pola Agadic en colaboración coa Universidade de Santiago. Desta volta, analizarase a repercusión de Atlantic Fest, Vive Nigrán, 17º Ribeira Sacra, Festival de la Luz, WOS Festival e Caudal Fest, comezando coa recollida de datos a través de enquisas directas aos asistentes a estas citas.

Ligazóns

 

 

 

Sponsored Links: No Frills Flyer, Freshco Flyer, Food Basics Flyer, Walmart Flyer, Giant Tiger Flyer