Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / O 17° Ribeira Sacra presenta o programa 'Patrimonio' encabezado por Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre

O FESTIVAL REVENIDAS PECHA O CARTEL E O ARMADIñA ROCK ABRE AS CONFIRMACIóNS CON SEIS BANDAS

O 17° Ribeira Sacra presenta o programa 'Patrimonio' encabezado por Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre

MISCELáNEA | xullo 1, 2019

imaxe non dispoñible

O festival 17° Ribeira Sacra xa está a finalizar os detalles da súa edición deste ano. Se en abril presentaba o cartel de artistas que participarán na primeira das fins de semana que abarca, 17° Ribeira Sacra Paisaxe entre o 18 e 21 de xullo, agora xa desvelou as actuacións e actividades previstas na segunda fin de semana e que teñen que ver coa parte ourensá do festival englobadas como 17° Ribeira Sacra Patrimonio durante os días 26 e 27 de xullo. As actividades incluídas dentro de 17° Patrimonio terán lugar en espazos patrimoniais e de gran valor natural: o Castelo Castro Caldelas, o Parador de Santo Estevo, o canal do río Sil (a actuación será no catamarán), o Mosteiro de Santa Cristina de Concello de Ribas de Sil e A fabrica da luz. Aí actuarán artistas como Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre, María José Llergo, Os Amigos dos Músicos, Benxamín Otero & Germán Díaz, Aldaolado e Allova.

Xa na costa tamén hai novidades en outros festivais deste verán. O festival Revenidas de Vilaxoán de Arousa, tamén chamado Festival das Linguas ven de anunciar a incorporación de novas bandas, con ata doce novos nomes contando con Dj’s, ao que será o seu cartel final para a súa 16º edición do 9 ao 11 de agosto. Nesta ocasión o festival Vilaxoanés confirma a Erin e Hard GZ, dous dos máximos expoñentes da escena urbana galega; a Chocolate Remix; ao Leo i Arremacághona; a volta de Skacha sobre os escenarios; ao hip hop das Rías Baixas de Rebelióm do Inframundo; a Thomas & Balea; a Carolina Rubirosa; as mesturas de DJ Plan B, Ferromona DJ, Brassica Rapa, TNT e La Duendeneta. Estes nomes incorpóranse aos xa anunciados de Gogol Bordello; Nao; Doctor Krápula; Gambeat; Bastards on Parade; os italianos Talco; Gatillazo; os arxentinos Los Caligaris; Mal Élevé; a música urbana de Tribade; Valira; o cuarteto sueco The Baboon Show; El Niño de la Hipoteca en formato eléctrico acompañado de Los Ratones; Flow do Toxo; Desakato e a cumbia e o reggaeton tropical de Los Jinetes del Trópico.

Baixando pola costa o Armadiña Rock de Combarro vai xa enchendo o cartaz con algunhas confirmacións para a súa terceira edición entre o 23 e 0 25 de agosto. En coincidencia co citado de Vilaxoán estarán tamén en Combarro Los Jinetes del Trópico, NAO e Bastards on Parade. Ademais destes o Armadiña xa conta tamén coa confirmación de Triángulo de Amor Bizarro, Balkan Bomba e os vigueses High Paw & Elephants Yard.

 

 

 

Sponsored Links: No Frills Flyer, Freshco Flyer, Food Basics Flyer, Walmart Flyer, Giant Tiger Flyer