Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / A OSG ofrecerá o ballet 'Carmen' coa Compañía Nacional de Danza

O PAZO DA ÓPERA DA CORUñA ACOLLERá DúAS REPRESENTACIóNS DESTE ESPECTáCULO

A OSG ofrecerá o ballet 'Carmen' coa Compañía Nacional de Danza

CLáSICA/LíRICA | xullo 2, 2019

imaxe non dispoñible

O programa de Temporada 2019-2020 da Orquestra Sinfónica de Galicia ofrecerá dúas xornadas de ballet grazas a unha colaboración da formación galega coa Compañía Nacional de Danza, coa que se traerá a Coruña o espectáculo Carmen baseado no clásico de Georges Bizet. Serán os días 22 e 23 de novembro, no Pazo da Ópera cando a CND porá en escena a obra con coreografía de Johan Inger e dirección musical de Manuel Coves. A dramaturxia será de Gregor Acuña-Pohl e a escenografía de Curt Allen Wilmer. A creaciónn coreográfica do sueco Inger para esta obra ten recibido galardóns como o premio Benois de la Danse en 2016 e o VENICE TV AWARD 2018. Ademais destas xornadas a OSG tamén ofrecerá outras dúas nas que o tenor Jose´Manuel Zapata dirixirá á orquestra cun programa especial os días 13 e 14 de decembro. Igualmente o programa comperende tamén unha xornada dedicada a celebrar o Ano Gaos 2019.

 

 

 

Sponsored Links: No Frills Flyer, Freshco Flyer, Food Basics Flyer, Walmart Flyer, Giant Tiger Flyer