Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / / Joey de Francesco e Judith Hill son as estrelas deste ano na cita internacional

O 27º FESTIVAL INTERNACIONAL DE JAZZ E BLUES PRESUME DE VITALIDADE

Joey de Francesco e Judith Hill son as estrelas deste ano na cita internacional

JAZZ/BLUES | xullo 8, 2019

imaxe non dispoñible

A cidade de Pontevedra xa ten preparada a programación da súa cita estival co jazz. A capital provincial ten unha longa traxectoria e tradición afianzada polo Seminario Permanente de Jazz e este ano vai pola 27ª edición do seu Festival internacional de Jazz e Blues entre o 23 e o 28 de xullo. Seis concertos de artistas de calado internacional conforman a columna vertebral do evento no que ademais hai unha interesante oferta de jam-sessions, un obradoiro, tres sesións de mediodía de "jazz de taberna" e unha ambientación musical de rúa na procura dos cidadáns. As prazas do Teucro e da Ferrería serán de novo os epicentros do grande concertos, todos de balde, e por elas pasarán a formación pontevedresa Mr.River; o cuarteto no que o guitarrista madrileño Álvaro del Valle lidera ao saxofonista redondelán Fernando Sánchez, o contrabaixista vilagarcián Pablo Patiño e o batería vigués David Puime; desde Filadelfia chega o Joey De Francesco Trío; a vocalista de Los Angeles Judith Hill, que chega acompañada dunha poderosa formación é un dos pratos fortes deste ano. Ademais tamén estarán en Pontevedra o vocalista e compositor de Minneapolis, Jose James e músiico pontevedrés Gabriel Peso pechará o programa na formación de trío xunto a David Ruíz ao contrabaixo e Miguel Asensio á batería. Outras cinco formacións serán as que fagan as jam-sessions no local da Gramola na Praza Méndez Núñez outras tres estarán durante a fin de semana ás 13 horas na Taberna do Jazz (Rúa de San Sebastián) cos concertos de Jazz de taberna. Un programa que demostra o respeto aos músicos locais e a vitalidade que mantén a cita pontevedresa con estes xéneros.

 

 

 

Sponsored Links: No Frills Flyer, Freshco Flyer, Food Basics Flyer, Walmart Flyer, Giant Tiger Flyer