Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / O Atlantic Fest concentra os seus concertos de venres e sábado na Praia do Bao

O VINDEIRO DíA 26 COMEZA A CUARTA EDICIóN NA ILLA DE AROUSA

O Atlantic Fest concentra os seus concertos de venres e sábado na Praia do Bao

INDIE | xullo 9, 2019

imaxe non dispoñible

O festival Atlantic Fest xa ten todo preparado para a súa cuarta edición, que se celebra na Illa de Arousa do 26 ao 28 e xullo. Os organizadores do festival xunto a representantes das entidades patrocinadoras e colaboradoras presentaron oficialmente a edición nun acto celebrado no Faro de Punta Cabalo na Illa. O cartel deste ano comprende vintecinco propostas musicais en cinco escenarios, catro deles situados directamente no recinto do festival e outro, a matinal do domingo, na Praza de Abastos da vila. Esta é unha das principais novidades desta edición, que fai un maior aproveitamento do excepcional recinto na Praia do Bao levando alí os concertos do venres na vez de facelos en locais ou prazas da vila, como nas edicións anteriores. Os cabezas de cartel, malia todo, reúnense o sábado actuando no escenario FEST Galicia-Xacobeo 21, onde tocarán Love of Lesbian, Los Planetas, Dorian, Nacho Vegas, Marlon Williams, La Bien Querida e Betacam. O cartel, como xa é marca da casa está conformado arredor da escena indie estatal na súa maioría e desde unha perspectiva moi aberta e ecléctica en canto a xéneros. Este ano a presenza da escena musical galega é practicamente testemuñal e grazas aos monfortinos Los Jinetes del Trópico, que entran no cartel como gañadores do concurso Sonidos Mans da Fundación Paideia.

De novo o Atlantic Fest será o evento destacado entre os festivais galegos polo uso das pulseiras cashless, que permiten tanto o acceso ao recinto como o pago nos puntos de comida, bebida e tendas e a recuperación de saldo posteriormente ao evento. Estas pulseiras, que o Atlantic xa usou o pasado ano incorporan igualmente o control de aforo continuo a través da tecnoloxía RDIF, que ofrecerá datos para o control da seguridade do evento e para analizar parte do seu impacto. A devandita información complementará os resultados obtidos polo equipo de traballo encargado dun estudo de avaliación do impacto económico e social do festival, co que se lle dará continuidade á elaboración deste tipo de informes por parte da Agadic, en colaboración coa Universidade de Santiago dentro das accións patrocinadas pola administración autonómica para os festivais adscritos á marca Fest Galicia.

 

 

 

Sponsored Links: No Frills Flyer, Freshco Flyer, Food Basics Flyer, Walmart Flyer, Giant Tiger Flyer