Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / A morte de Jaime Manso pon en loito a música na Coruña

O PROPIETARIO DE DISCOS PORTOBELLO ERA UN MELóMANO E IMPULSOR VOCACIONAL DA MúSICA NA CIDADE

A morte de Jaime Manso pon en loito a música na Coruña

MISCELáNEA | xullo 10, 2019

imaxe non dispoñible

Tres xeracións de músicos e melómanos da Coruña e de toda Galicia choran hoxe a morte de Jaime Manso, propietario de da tenda de discos Portobello na cidade herculina. Desde o seu establecemento na Rúa Cega, Manso (Betanzos, 1947) foi moito máis que un comerciante e participou activamente da vida musical na cidade como apoio, impulsor ou como catalizador simplemente traendo a mellor das culturas musicais e espallándoa a través do seu coñecemento resultando niso dunha grande influencia para a escena musical coruñesa. Manso mantivo sempre o seu espírito vocacional cara a música, resistindo co seu establecemento toda a crise da industria musical do país así como a apertura das sucesivas grandes superficies. Abriu a súa tenda en 1980 e así se mantivo ata que a enfermidade que onte o levou obrigou a manter pechado o local desde fai varios meses este ano. Fai unhas horas o propio Jaime, coñecedor da súa situación, usaba das redes sociais para despedirse apelando aos seus últimos "21 gramos de enerxía", o peso relativo da alma segundo algunha literatura. Dende entón as redes e os medios de comunicación fanse eco da perda e son moitos os artistas e persoas do mundo da cultura que o despediron con tristura, así se pronunciaron desde a sección da Coruña da asociación Musicas Ao Vivo ou dese Cuac Fm, incluso xa hai algunha iniciativa para levar a cabo un concerto de homenaxe.

 

 

 

Sponsored Links: No Frills Flyer, Freshco Flyer, Food Basics Flyer, Walmart Flyer, Giant Tiger Flyer