Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / O Museo do Mar de Galicia acollerá un novo ciclo de concertos ao atardecer

PRESUMIDO E BAIUCA ABRIRAN O 'SOLPORES DO MUSEO' O VINDEIRO DíA 24 DE XULLO

O Museo do Mar de Galicia acollerá un novo ciclo de concertos ao atardecer

MISCELáNEA | xullo 18, 2019

imaxe non dispoñible

A Xunta de Galicia ven de presentar no Museo do Mar de Galicia, en Vigo, o novo ciclo de concertos: Solpores do Museo, unha proposta que aproveita os espazos públicos como contexto e escenario de actuacións musicais ao caer á tarde, ao xeito que xa ocorre en Santiago na Cidade da Cultura de Galicia co Atardecer no Gaiás. Agora a Xunta e Galicia traslada a Vigo esta idea usando para iso as instalacións dunha das súas infraestruturas na cidade, o Museo do Mar de Galicia na punta do Muíño da parroquia de Alcabre. No relativo á proposta musica coordinan o ciclo Juan Rivas e Manuel Araújo, que ofrecen un cartel cuxo principal obxectivo é poñer en relevo os traballos artistas locais, tanto emerxentes como consagrados, mediante unha programación transversal, que una a estes con artistas de traxectoria consolidada no panorama nacional. Os concertos, que se desenvolverán no serán, terán como marco o espectacular solpor na Ría de Vigo, unha estampa que gaña valor coa calidade arquitectónica do edificio do Museo do Mar, obra dos arquitectos Cesar Portela e Aldo Rossi.

O ciclo constará de seis citas de periodicidade semanal, que ocuparán o calendario dende a última semana de xullo ata finais de agosto. A primeira sesión será o próximo mércores 24, e terá un acento marcadamente galego coa participación de Baiuca e Presumido, dúas propostas locais de estilo único. Será a partir da primeira semana de agosto, cando o programa de Solpores do Museo combine en cada sesión a un grupo ou músico galego con outra proposta chegada de fora. Amaro Ferreiro, Budiño, a banda Moon Cresta, Cora Velasco e Blusvai serán os artistas galegos que compartirán cartel con outros nomes da escena española como Joe Crepúsculo, Soleá Morente, Aurora & The Betrayers , Villanue4va e Zenet. Os concertos celebraranse na terraza do restaurante do Museo do Mar de Galicia a partir das 20:30, cun aforo limitado. A entrada será de balde previa descarga da invitación na páxina web do ciclo.

 

 

 

Sponsored Links: No Frills Flyer, Freshco Flyer, Food Basics Flyer, Walmart Flyer, Giant Tiger Flyer