Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / O Premios Rebulir recoñecen á Coral De Ruada, 'Morris' e Rosa Cedrón

OS GALARDóNS ENTREGARANSE EN DECEMBRO DURANTE O FESTIVAL INTERNACIONAL REBULIR

O Premios Rebulir recoñecen á Coral De Ruada, 'Morris' e Rosa Cedrón

FOLK | xullo 30, 2019

imaxe non dispoñible

A Coral de Ruada, o actor Antonio Durán ‘Morris’ e a músico Rosa Cedrón fixéronse merecedores este ano de cadanseu Premio Rebulir de Cultura Galega nas modalidades de Premio Homenaxe, Artes escénicas e Música Galega, respectivamente. Os premios outorgados pola Asociación Cultural Rebulir, de Ramirás (Ourense) supoñen un recoñecemento a persoas/colectivos que contribúan á difusión e posta en valor da cultura tradicional nas súas diferentes manifestacións. A entrega do premio faise no marco da Gala central do FIR (Festival Internacional Rebulir) que este ano chega á súa XIVª edición en decembro e consiste na entrega dun diploma acreditativo e dunha estatuílla que sempre elabora algún artesán ou artista galego. Un xurado decidiu os nomes dos premiados de entre unha lista de finalistas que foi sometida previamente a votación popular entre os membros da asociación.

 

 

 

Sponsored Links: No Frills Flyer, Freshco Flyer, Food Basics Flyer, Walmart Flyer, Giant Tiger Flyer