Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / A Estrada abre o Obradoiro de Música Moderna Carlos Barruso

O PROXECTO MANTERá O LEGADO DO MúSICO GALARDOADO CO PREMIO DE HONRA NOS MARTíN CóDAX

A Estrada abre o Obradoiro de Música Moderna Carlos Barruso

JAZZ/BLUES | agosto 21, 2019

imaxe non dispoñible

A Fundación Cultural da Estrada, do Concello pontevedrés, acollerá de xeito inmediato o Obradoiro de Música Moderna Carlos Barruso, mantendo así o legado de ensino do saxofonista, multiinstrumentista e mestre Carlos Barruso, premio Honorífico Músicas ao Vivo na gala deste ano dos Martín Códax. Barruso, enfermo dun cancro en fase terminal, presentou onte no Estrada este proxecto xunto co edil de Cultura, Juan Constenla, esperanzado ante o feito de que non se perda así o que foi o seu traballo de ensino durante máis dunha década. O obradoiro, que xa está aberto á matriculación, ofrecerá dúas horas semanas e está enfocado na especialización en jazz, blues ou rock en complementariedade coas escolas de música ou conservatorio municipal, máis enfocadas cara o clásico ou popular, o obradoiro inclúe tamén o canto alén do instrumental. Un dos obxectivos de futuro deste Obradoiro de Música Moderna (OMM) na Fundación Cultural da Estrada é o de cumprir un dos desexos de Barruso e chegar a montar unha "Big Band" a medio ou longo prazo, para o cal desde a fundación se ofrecen intencións de continuidade do proxecto. Rubén Servide será o encargado principal de impartir as clases neste curso baixo a supervisión do aínda activo Carlos Barruso.

 

 

 

Sponsored Links: No Frills Flyer, Freshco Flyer, Food Basics Flyer, Walmart Flyer, Giant Tiger Flyer