Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / O Sinsal no Museo do mar une a música co patrimonio marítimo

ESTA FIN DE SEMANA TERá LUGAR A SEGUNDA EDICIóN DO EVENTO CON OITO CONCERTOS E UN ESPECTáCULO

O Sinsal no Museo do mar une a música co patrimonio marítimo

MISCELáNEA | setembro 4, 2019

imaxe non dispoñible

O Festival Sinsal SON Estrella Galicia Museo do Mar volve os días 7 e 8 de setembro na que será a segunda edición deste evento no que a música e o patrimonio marítimo van da man. Se no mes de xullo, Sinsal SON Estrella Galicia converte a illa de San Simón nun espazo no que vivir a música en directo de maneira relaxada na boca da Ría de Vigo, en setembro a marca continúa ligada ao patrimonio do mar no Museo do Mar de Galicia na parroquia viguesa de Alcabre. Diferentes concertos nas súas instalacións, actividades e oferta gastronómica, aproveitando o xardín e a zona exterior desta localización privilexiada serán a proposta coa da promotora Sinsalaudio para esta cita. As persoas que adquiran entrada para Sinsal SON Estrella Galicia Museo do Mar poderán acceder a unha prevenda exclusiva en 2020 para Sinsal SON Estrella Galicia en San Simón, Redondela.

No caso do Festival que se celebra esta fin de semana no Museo do Mar o cartel si que se pode coñecer de antemán e ven de ser presentado polos organizadores. Así o sábado 7 de setembro o programa distribuirase por 4 escenarios. A raiña do flamenco na actualidade, Rocío Márquez e a arpista Mary Lattimore estarán nun escenario exterior, no peirao do Faro; a galega FAIA, integrante do grupo De Vacas, fará unha performance na praia; La Bamba, banda asentada en Portland que lidera a cantante e compositora Luz Elena Mendoza, estará no Escenario SON Estrella Galicia polo que tamén pasarán ese día o grupo Iko Cuyagua, unha das bandas gañadoras do concurso de Estudios Mans (Fundación Paideia) polo que pasan a formar parte do cartel Sinsal. O hip hop da londinense Lady Lykez completa o cartel. Ademais, o público poderá gozar do espectáculo de estética steampunk da Escola Superior de Arte Dramática (ESAD) e o Conservatorio Superior de Música de Vigo: Escenas para unha viaxe submarina. Invitación ao mundo de Julio Verne. A batalla de Rande e os tesouros que agocha a Ría de Vigo serán desvelados neste paseo subacuático conducido pola tripulación do Nautilus, que nos leva a unha viaxe sensorial e ao concepto temporal que nos transmite o mundo baixo o mar.

Programación do domingo 8
O domingo 8 de setembro o festival desenvólvese a partir das 12:30 do mediodía, con entrada de balde e cos concertos de Mundo Prestigio e Deva, que acaba de formar parte do cartel do Sónar Barcelona. Entre as actividades familiares e visitas ao Museo do Mar programadas na xornada do domingo atopamos un laboratorio de sal, outro de fotografía experimental e a realización dun mural colectivo no museo. As actividades teñen aforo limitado e hai que inscribirse a través da páxina. O festival contará con oferta gastronómica para o público asistente.

Ligazóns

 

 

 

Sponsored Links: No Frills Flyer, Freshco Flyer, Food Basics Flyer, Walmart Flyer, Giant Tiger Flyer