Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / As bandas de música achéganse ao circo e ao teatro no ciclo Viraxes

UNHA VERSIóN EN GALEGO DE CARMINA BURANA ABRE O DíA 21 ESTA CITA NA CIDADE DA CULTURA

As bandas de música achéganse ao circo e ao teatro no ciclo Viraxes

MISCELáNEA | setembro 17, 2019

imaxe non dispoñible

Unha nova proposta arredor das bandas populares de música chega á Cidade da Cultura este sábado 21 de setembro. A primeira xeira do ciclo Viraxes achega ás seis da tarde ao Monte Gaiás unha versión en galego da cantata escénica Carmina Burana, de Carl Orff, da man da Banda de Música Municipal de Valga, o coro Gli Appassionati e tres solistas, cun total de 150 persoas sobre o escenario.

A proposta continuará o 7 de decembro cunha actuación da Unión de Guláns en colaboración co grupo de teatro Todos Xuntos para presentar o espectáculo MIB: Músicos in Black. Esta montaxe escénica e sonora narra en clave de humor a aterraxe duns alieníxenas nunha aldea galega.

O 14 de decembro marcará o final desta primeira edición de Viraxes coa actuación conxunta da Unión Musical de Meaño e da compañía de novo circo Pistacatro no espectáculo Orquestra Malabares, que combina o labor de seis malabaristas co traballo da banda.

Os tres espectáculos presentes no ciclo foron galardoados na convocatoria dos premios Innova, promovida en 2019 pola Federación Galega de Bandas de Música Populares (FGBMP) e a Xunta de Galicia a través da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) para fomentar a experimentación e innovación no eido musical.

 

 

 

Sponsored Links: No Frills Flyer, Freshco Flyer, Food Basics Flyer, Walmart Flyer, Giant Tiger Flyer