Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / / Oito concertos en Ourense presentan a primeira xeira do MUSGO

O FESTIVAL DESENVóLVESE O 19 DE OUTUBRO AO ABEIRO DO PROGRAMA O TEU XACOBEO

Oito concertos en Ourense presentan a primeira xeira do MUSGO

INDIE | setembro 23, 2019

imaxe non dispoñible

Os Xardíns Calpurnia Abana e a Praza Saco e Arce de Ourense acollerán o vindeiro 14 de outubro os oito concertos da primeira edición do MUSGO. O festival bota a andar baixo o paraugas do programa de axudas O Teu Xacobeo coa intención de vincular a Cidade das Burgas coas peregrinación a Santiago a través da cultura. Segundo explican Adrián Fragueiro e David Pedrouzo, organizadores do evento, este pretende se transformar en "prescriptor de novas bandas, ofrecendo propostas emerxentes e destacadas non só de Galicia, se non tamén a nivel estatal e internacional".

Cun marcado acento independente, as británicas AK/DK encabezan o cartel desta primeira xeira. Canda a elas, as bandas portuguesas Lince e Whales, as galegas Blanco Palamera, Ladrillo y Mujer e Baiuca, e dúas estatais, Yana Zafiro e Mourn, completan o plantel de presentación. A organización, que conta co apoio da Deputación de Ourense e de SON Estrella Galicia, adianta que as actividades desenvolveranse sen horario diurno con vistas a procurar a participación interxeracional e preservar o descanso da veciñanza.

Ligazóns

 

 

 

Sponsored Links: No Frills Flyer, Freshco Flyer, Food Basics Flyer, Walmart Flyer, Giant Tiger Flyer