Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / Najla Shami saca as súas variadas raíces ao sol no seu novo disco-libro

CON 'ELA SABE A SOL' A ARTISTA REIVINDICA A SúA MULTICULTURALIDADE

Najla Shami saca as súas variadas raíces ao sol no seu novo disco-libro

FUSIóN | outubro 4, 2019

najla_shami_elasabeasol.jpg

Fai seis anos, no 2013, Editorial galaxia editaba o libro-disco Na lingua que eu falo no que Najla Shami, artista compostelá de pai palestino e nai galega, interpretaba musicalmente poemas de Rosalía ademais de outros temas propios inspirados na poeta. Shami volve agora con Ela sabe a sol tamén da man de Editorial galaxia a presentar un novo traballo no mesmo formato físico de libro con CD. Neste caso son 12 cortes nos que hai sitio para que Najla saque á vista a súa multiculturalidade lingüística e musical. Cancións en galego, castelán e en árabe, lingua que tamén aparece en formato de texto no libro traducindo algunhas das letras e ademais moi presente graficamente nas páxinas, así coma a estética árabe no deseño e nas fotografías que ilustran a publicación, obra de Mara Saiz. A artista dedica este traballo o seu pai e nel vese tamén o impacto da súa primeira visita ás terras palestinas de orixe paterno.

As doce cancións, compostas pola propia Shami transitan entre o jazz de fusión, o funk e a música de raíz, xa sexa de sons orientais (Filla) como de procedencia latinoamericana como bossa nova (Auga) e outros ritmos. A nivel instrumental a artista ten a disposición do acompañamento aos seus grandes recursos vocais unha enorme panoplia que inclúe elementos de corda (guitarras, violín, oud...), vento (trompetas, trompa, clarinete, ocarina, saxos, bansuri, kaval, etc) e percusión (kalimba, pandeireta, piano, timbal, etc.) de gran variedade e orixes distintos o que incide nesa sensación multicultural claramente procurada. O disco gravouse maioritariamente no Estudio Beograd de Santiago contando coa produción de Pedro Pascual e conta coa intervención de numerosos músicos reputados como Paco Charlín ou Iago Mourinho entre outros. O libro está prologado pola poeta Yolanda Castaño. Os temas xa están dispoñibles nalgunhas plataformas dixitais.


datos do disco

 

 

 

Sponsored Links: No Frills Flyer, Freshco Flyer, Food Basics Flyer, Walmart Flyer, Giant Tiger Flyer