Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Mounqup e Trifulca representarán á música galega no cartel do BIME City en Bilbao

O ENCONTRO INTERNACIONAL DA INDUSTRIA MUSICAL ESCOLLEUNOS PARA O SEU ESCAPARATE DE ACTUACIóNS POR ACORDO COA AGADIC

Mounqup e Trifulca representarán á música galega no cartel do BIME City en Bilbao

ELECTRóNICA | outubro 9, 2019

imaxe non dispoñible

Trifulca e Mounqup son os dous nomes galegos finalmente seleccionados pola organización do Bizkaia International Musical Experience (BIME) para o seu programa de showcases a desenvolver en varias salas de Bilbao no marco da sétima edición deste gran evento da industria musical, que terá lugar do 30 de outubro ao 2 de novembro e no que tamén se insire o encontro profesional BIME Pro. Tanto Mounqup, cantautora de orixe francesa radicada en Ourense, como o dúo santiagués Trifulca actuarán o mércores 30 na sala Muelle tras seren elixidos polos organizadores do BIME mediante unha convocatoria pública aberta o pasado mes de agosto. A través dela, BIME garantía a presenza galega neste apartado en colaboración coa Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) da Consellería de Cultura e Turismo. Coa música electrónica como eixo do seu traballo, ambos terán así oportunidade de se presentar diante de programadores de festivais, managers, xornalistas e outros axentes do sector acreditados no BIME Pro. Así mesmo, a través de BIME City, o encontro ábrese de xeito gratuíto ao público xeral. Nesta nova edición, serán 40 os showcases que terán lugar en 11 salas do centro da capital biscaíña. Mounqup ten xa no seu haber un Premio Martín Códax na categoría de música electrónica en 2018 e o Premio Fran Përez Narf do certame homónimo da Deputación da Coruña en 2017.

 

 

 

Sponsored Links: No Frills Flyer, Freshco Flyer, Food Basics Flyer, Walmart Flyer, Giant Tiger Flyer