Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Os festivais de outono amosan a súa oferta

O SUPER BOCK UNDER FEST DE VIGO E O CORTAPEGA DE SANTIAGO PRESENTAN CARTEL

Os festivais de outono amosan a súa oferta

MISCELáNEA | outubro 21, 2019

imaxe non dispoñible

O outono ten a súa propia oferta de festivais, neste caso os parentes máis recollidos da familia dos festivais pero non por iso menos importantes en oferta artística, agás polo feito da limitación de aforo que supón levar as actuacións a espazos baixo teito. Os días 22 e 23 de Novembro terá lugar en Vigo a 2ª edición do festival SUPER BOCK UNDER FEST. Dez salas estarán involucradas e xa están confirmadas actuacións en cartel e máis de 20 artistas, moitos deles da escena internacional conformarán un cartel do que xa se coñecen varios nomes, algúns deles relativos á cabeceira como Peaches e Eli "Paperboy" Reed. Ademais deles a organización xa confirmou outros 17 nomes entre os que están pola escena galega Ortiga, Indy Tumbita & The Voodoo Bandits ou Family Folks. Esta semana chega tamén un primeiro avance de cartel da sexta edición de CortaPega, que chega a Santiago de Compostela o próximo 30 de novembro. Unha nova cita coa electrónica ecléctica e vangardista con especial atención ós proxectos creados en Galicia, neste caso xa confirmados Aparato e Lagoon, ademais das actuacións de Andrea Dawson e Kara Konchar. Como novidade, o festival desenvolverase en distintos espazos da cidade.

Outro festival compostelán, que xa inaugurou a pasada semana a súa nova edición, O Outono Códax Festival, ven de demostrar os reflexos e saber da súa empresa promotora Raíña Producións ao ser capaz de substituír con acerto a actuación prevista para o 1 de decembro de Nikki Lane, tras a decisión desta de suspender a súa xira europea, pola de Gisele Jackson, dama do soul e o blues, e non contentos con iso engadiron á programación unha nova cita o 11 de decembro coa banda francesa de blues e soul Automatic City. No apartado de confirmacións en festivais tamén compre sinalar, aínda que xa cara o verán, o anuncio que ven de facer o Festival SonRías Baixas de Bueu adiantando xa o que será un dos seus cabezas de cartel para o vindeiro ano, o rapeiro Kase.O e poñendo á venda os primeiros abonos para a cita que terá lugar entre o 30 de xullo e o 1 de agosto de 2020.

 

 

 

Sponsored Links: No Frills Flyer, Freshco Flyer, Food Basics Flyer, Walmart Flyer, Giant Tiger Flyer