Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / A Real Filharmonía estreará mañá 'In Memoriam', de Sofía Oriana Infante Souto

A COMPOSITORA COMPOSTELá COMPUXO A OBRA PARA O CONCERTO DE 30 ANIVERSARIO DO AUDITORIO DE GALICIA

A Real Filharmonía estreará mañá 'In Memoriam', de Sofía Oriana Infante Souto

CLáSICA/LíRICA | outubro 23, 2019

imaxe non dispoñible

A Real Filharmonía de Galicia interpretará mañá en estrea absoluta a obra In Memoriam da compositora compostelá Sofía Oriana Infante Souto (Santiago de Compostela, 1989) como parte do concerto Soños de inverno dentro da programación do 30 aniversario do Auditorio de Galicia. Asemade, Infante participará, xunto con Paul Daniel, nunha conversa aberta ao publico antes do concerto. Sofía Oriana Infante compuxo In Memoriam en homenaxe aos seus pais falecidos, respondendo ao encargo da RFG de facer unha estrea para este evento en concreto. A compositora foi obxecto de noticias recentemente por ter asinado tamén a B.S.O. da película Elisa y Marcela, da realizadoras Isabel Coixet. Tal como explica a compositora, "In memoriam está dedicada aos meus pais. A miña nai faleceu hai un ano e o meu pai cando eu tiña 8 anos, hai 22 anos. É unha obra que se constrúe en base ao recordo de ambos e a música axústase á imaxe que teño deles". A compositora remarca que é unha peza "profunda e delicada pero tamén esperanzada e enérxica. Lonxe de caer na típica escuridade tenebrosa da morte e recrearme na dor e a soidade, aplícolle a miña propia perspectiva vital". O concerto especial deste 30 aniversario terá lugar este xoves 24 de outubro ás 20:30 e incluirá tamén obras de Elgar e Tchaikovski. Haberá unha repetición de todo o concerto dirixida aos escolares dentro do programa didáctico do Auditorio de Galicia.

 

 

 

Sponsored Links: No Frills Flyer, Freshco Flyer, Food Basics Flyer, Walmart Flyer, Giant Tiger Flyer