Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / Terbutalina estrea Espabila gallego cun concerto en Compostela

A SALA CAPITOL ACOLLE ESTE 31 DE OUTUBRO A PRESENTACIóN DO áLBUM

Terbutalina estrea Espabila gallego cun concerto en Compostela

ROCK | outubro 31, 2019

espabila_gallego_terbutalina.jpg

Logo de o lanzar en formato dixital a comezos do mes, xa está aquí a edición física do novo álbum de Terbutalina. A banda estrea Espabila gallego este 31 de outubro nun concerto na Sala Capitol no que os de Esteiro contarán con Mutagénicos para abrir boca a partir das 21:30 horas. Punk, pop, rock e música tradicional danse cita nos dez temas deste lanzamento nos que, como é habitual no grupo, predomina a retranca das letras. Pura Makica, Muinheira de Costa ou Marisco Barato son algúns dos títulos que se rexistraron nos estudios A Ponte de Tomás Ageitos e que ven a luz da man de Folc Récords. Polo momento o grupo non ten máis datas reservadas en Galicia para a súa xira de presentación.

datos do disco

 

 

 

Sponsored Links: No Frills Flyer, Freshco Flyer, Food Basics Flyer, Walmart Flyer, Giant Tiger Flyer