Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / Marcelo Dobode presenta o proxecto en solitario 'Turoqua'

O ARTISTA APOSTA POR UNHA VISIóN CONTEMPORáNEA DO SON TRADICIONAL

Marcelo Dobode presenta o proxecto en solitario 'Turoqua'

FUSIóN | novembro 12, 2019

turoqua.jpg

Marcelo Dobode defínese a sí mesmo como un artista multidisciplinar que transita entre os escenarios do teatro, como escenógrafo, a música e as artes plásticas. Esta semana presenta os froitos do seu traballo na vertente musical, o seu primeiro proxecto en solitario, Turoqua (Nakra, 2019). O proxecto Dobode está en liña con outros proxectos que nos últimos tempos buscan a fusión de sons desde unha sólida base tradicional conformando unha opción de "Trad contemporáneo" que traspasa as fronteiras habituais e descoloca as etiquetas coas súas melodías onde teñen cabida os instrumentos eléctricos e de percusión propios da música jazz, pop ou rock, xunto con algunhas das súas características na parte dos arranxos. O concepto de Turoqua, sorprende, pero ao mesmo tempo, agarima pola . Intensidade sonora na calma poética dos retrousos da creación colectiva e nos compostos polo propio Marcelo. Carballeira é a canción que sae como carta de presentación do disco que sairá en formato dixital e físico. A estrea será no Teatro Principal de Pontevedra este domingo 17 de novembro. No concerto, contará cos mesmos músicos dos que se rodeou na gravación: Adrián Saavedra (arranxista e productor, teclados), Felix Rodríguez (percusión) Ramon Orencio (Mon)(guitarras), Xacobo Prieto (baixo).

datos do disco

 

 

 

Sponsored Links: No Frills Flyer, Freshco Flyer, Food Basics Flyer, Walmart Flyer, Giant Tiger Flyer