Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Resurrection Fest anuncia 70 novas bandas e saca á venda as derradeiras entradas

APHONNIC ENCABEZA UNHA LISTA DE ONCE BANDAS GALEGAS DAS CATRO PROVINCIAS NAS NOVAS CONFIRMACIóNS

Resurrection Fest anuncia 70 novas bandas e saca á venda as derradeiras entradas

ROCK | novembro 26, 2019

imaxe non dispoñible

Hoxe foi outro deses días nos que os Resurrection fest de Viveiro consegue poñerse no centro de atención. O festival de rock sacou hoxe á venda os derradeiros abonos que lle quedaban, e as poucas entradas por días das que deron en dispoñer a favor dos abonos. O festival ademais anunciou novas confirmacións, algunhas delas importantes coma a da banda Amon Amarth, un cabeza de cartel do xénero quer estará xa na xornada inaugural do mércores, 1 de xullo. Ademais as confirmacións de nomes para o evento engadiron en total case 70 nomes dunha soa vez e entre eles hai unha representación da escena galega do rock, con once bandas que chegarán das catro provincias galegas, encabezada polos vigueses Aphonnic, unha das formacións máis consolidadas do país na música metal. Ademais deles engádense nesta xeira outros nomes como True Mountains d’A Coruña; Chris Masuak and the Viveiro Wave Riders Association; Bloodhunter; Golpe Radikal, d’A Pobra do Caramiñal; Wasted Wiltons; Acidproyect, de Ourense; Arsian, d’A Coruña; Vieitör, de Monforte; Kaleikia, e Turbo Kraks, de Ferrol. A xulgar pola demanda previa o festival de Viveiro está hoxe moi cerca da venda completa.

Ligazóns

 

 

 

Sponsored Links: No Frills Flyer, Freshco Flyer, Food Basics Flyer, Walmart Flyer, Giant Tiger Flyer