Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Os 19 Premios Maketón de Vigo recoñecen os discos de Presumido e Fon Román

OS GALARDóNS MUSICAIS VIGUESES REPARTEN MéRITOS NA ESCENA LOCAL EN SEIS CATEGORíAS

Os 19 Premios Maketón de Vigo recoñecen os discos de Presumido e Fon Román

MISCELáNEA | decembro 16, 2019

imaxe non dispoñible

A entrega dos Premios da Música MAKETÓN MAELOC de Los40 Vigo é por mérito propio de da súa longa traxectoria, un dos acontecementos musicais do ano na zona metropolitana da cidade olívica. Este pasado sábado a emblemática sala La Iguana Club acollía a 19ª edición destes premios e de novo deixaba ver unha parte do talento musical da súa contorna a través dos seis categorías de galardón que se entregaron.

O músico vigués agora afincado en México, Fon Román (ex-Los Piratas) , recibía o premio ao mellor disco local do ano polo seu traballo La chispa, la llama y el humo editado por Warner Chappel Music e Altafonte. O artista acudiu á recollida do galardón. Na similar, pero diferente, categoría de mellor disco autoeditado do 2019, o dúo Presumido resultou o merecedor do premio polo seu traballo Cuatro estaciones no que este outono reuniron os diferentes EPs que foron creando desde decembro pasado. Pablo Álvarez Fernández, técnico de son directo e de MIDI Música foi recoñecido co galardón como mellor produtor local polo seu traballo nas mesas para moitos dos grupos locais. O premio á traxectoria musical foi para a banda FRYING LURAS, que este ano cumpriron 20 anos de actividade musical ás costas e publicaron neste 2019 o seu primeiro disco. O vídeoclip Horizontal, dirixido por Soledad Rebollo (Lunavista) para Villanueva foi o elixido nesa categoría de vido musical local do ano. A propia Rebollo recollía o premio en La Iguana polo seu traballo rodado na Illa de Toralla e usando tecnoloxía de 360 graos. O grupo The Bo Derek´s recibía a primeira das estatuíñas da noite outorgadas como premio ao mellor directo e foron tamén eles os que pecharon a cerimonia xustamente poñendo a música sobre o escenario do club.

 

 

 

Sponsored Links: No Frills Flyer, Freshco Flyer, Food Basics Flyer, Walmart Flyer, Giant Tiger Flyer