Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / O IXº Portamérica confirma 25 actuacións musicais e cartel gastronómico

RUFUS WAINWRIGHT, ROYAL REPUBLIC E VINTAGE TROUBLE ENCABEZAN UN CARTEL CON PRESENZA GALEGA E LATINOMERICANA

O IXº Portamérica confirma 25 actuacións musicais e cartel gastronómico

MISCELáNEA | decembro 20, 2019

imaxe non dispoñible

O festival Portamérica de Caldas, ven de facer un importante avance de confirmacións para súa 9ª edición, que inclúe ademais de gran oparte do cartel musical o de chefs para o seu impresionante Showrocking. A centenaria Carballeira de Caldas de Reis acollerá de novo os 3 días do evento en datas tamén confirmadas o 2 e o 4 de xullo no marco de Cultura Quente. Nesta ocasión o festival, que xa no ano pasado ampliou o espazo, ofrece tres escenarios de entre as 25 confirmacións musicais hai xa liñas para cabezas de cartel internacional, descubrimentos da música de latinoamérica e representación da escena musical galega, ademais dunha oferta ampla e de calidade do mellor “indie” español. A programación por días aínda non está dispoñible. Rufus Wainwright, Royal Republic e Vintage Trouble son os tres nomes, de xéneros moi diferentes entre si,que encabezan a oferta internacional. Nesta primeira quenda a escena musical galega está representada por Amaro Ferreiro, Baiuca, Bala, Fon Román, Furious Monkey House e Ortiga.

Este primeiro cartel ofrece ademais a actuación no Portamérica dalgunhas das bandas e artistas máis relevantes actualmente no ”indie pop-rock” español como Viva Suecia, León Benavente, Belako, Coque Malla, Leiva, Egon Soda, El Columpio Asesino, Mikel Erentxun, , Rufus T. Firefly, Sidonie e Niña Coyote eta Chico Tornado. Ademais deles o espectáculo de homenaxe ao repertorio de Serrat, Hijos del Mediterraneo, reunirá sobre o escenario unha banda para a ocasión conformada por Amaro Ferreiro; Ricky Falkner; Xavier Molero; Marc Clos; Josep María Baldomá e Amable Rodriguez xunto con algunha colaboración sorpresa. Como parte da liña e personalidade propia do festival desde os seus comezos, Portamérica volverá servir de ponte coa música moderna que se está a facer en Latinoamérica presentando formacións de varios países que alí gozan de popularidade nos seus circuítos pero aquí apenas son coñecidas. Será o caso, segundo este primeiro avance, de Dengue Dengue Dengue (Perú), Little Jesus (México) e o rapeiro arxentino WOS, vixente campeón internacional da Red Bull Batalla de los Gallos.

Ademais do apartado musical o evento gastronómico Showrocking Guía Repsol dentro do evento, e que tamén forma parte dos seus sinais de identidade conta desde xa con 22 chefs que acudirán aos fogóns da carballeira baixo a coordinación do galego Pepe Solla. Andoni Luis Aduriz, Ángel León, Begoña Rodrigo, Benito Gómez, Daniel López, David Abalo, David García, Diego Guerrero, Diego López, Edgar Núñez, Francis Paniego, Gonzalo García, Iván Domínguez, Juanjo Pérez, Juan Perret, Maca de Castro, Marcos Morán, Nagore Irazuegi, Roberto Ruiz, Rodrigo G. Fonseca, Xanty Elías e Yolanda León, que suman 32 Soles Guía Repsol, son os primeiros chefs confirmados para o ShowRocking neste avance de cartel. O IX Portamérica xa comeza a andar e pon á venda os primeiros abonos a prezos especiais.

Ligazóns

 

 

 

Sponsored Links: No Frills Flyer, Freshco Flyer, Food Basics Flyer, Walmart Flyer, Giant Tiger Flyer