Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / O Atlantic Fest deixa a '"Illa e vai a Vilagarcía

O FESTIVAL CELEBRARASE NA PRAIA DA CONCHA DO 24 AO 26 DE XULLO

O Atlantic Fest deixa a '"Illa e vai a Vilagarcía

MISCELáNEA | decembro 23, 2019

imaxe non dispoñible

Non é o primeiro festival que fai unha mudanza completa dun ano para outro en Galicia (véxase o caso do Portamérica de Nigrán a Caldas) pero o cambio que fará para o 2020 o Atlantic Fest de pasar da illa de Arousa para Vilagarcía ten varias características propias. O concello de Vilagarcía e a promotora New Live Producciones Culturais pecharon o acordo polo cal a seguinte edición do festival terá lugar na Praia da Concha da cabeceira comarcal arousá entre os días 24 e 26 de xullo, deixando atrás a Illa de Arousa onde naceu como Atlantic e onde celebrou as súas catro primeiras edicións na Praia do Bao.

Por un lado o festival deixa un espazo que era emblema do evento polas súas características insulares e naturais excepcionais e pasa para unha praia de vila, moi diferente en canto ao entorno. Ademais diso dáse o paradoxo de que o antecedente do Atlantic fest estaba no Festival do Norte que se organizaba en Vilagarcía por parte do mesmo equipo de New Live previamente a crearse como Atlantic Fest, co cal é como unha volta á orixe. As xestións mantidas dende hai unhas semanas entre o goberno municipal e a promotora do evento veñen de pecharse cun acordo que xa é firme e a intención da organización é celebralo na Praia da Concha, para o cal o Concello xa está tramitando os preceptivos permisos ante Costas. Segundo a promotora o recinto da illa onde estaban ata o de agora, no que o ano pasado xa tiveron dificultades loxísticas en canto a escaseza nun espazo que non serviu para ter unha suficiente oferta de servizo de comidas, non ía estar dispoñible este ano por obras e ademais o evento precisa ampliar o espazo con vistas a medrar mellorando o servizo aos asistentes. A saída do festival do municipio insular fíxose en todo caso dun xeito amigable e de total acordo. Para o goberno local de Vilagarcía recuperar o evento foi motivo de celebración no seu obxectivo de dinamizar a vida social e cultural da cidade e crear un forte foco de tracción turística. Coa suma do Atlantic Fest en xullo ao Revenidas que se celebra en agosto en Vilaxoán, Vilagarcía contará con dous dos eventos incluídos no circuíto de Festivais Rías Baixas que promove a Deputación.

Ligazóns

 

 

 

Sponsored Links: No Frills Flyer, Freshco Flyer, Food Basics Flyer, Walmart Flyer, Giant Tiger Flyer