Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Osa do Mar confirma edición e avanza cartel

O EVENTO DE BURELA TERá VARIAS BANDAS GALEGAS DE MOI DIFERENTES ESTILOS COMO BLANCO PALAMERA OU EZETAERRE

Osa do Mar confirma edición e avanza cartel

ALTERNATIVA | xaneiro 8, 2020

imaxe non dispoñible

O festival Osa do Mar de Burela, ven de adiantar unha parte do seu cartel e confirmar as datas da súa vindeira edición. O evento, un dos poucos festivais gratuítos de música independente e alternativa, resiste co seu modelo entre o acénao de festivais de verán e celebrarase de novo na localidade lucense arredor da praia da marosa da que sacan o seu nome os días 14 e 15 de agosto. Once nomes de banda de moi variados estilos chegan neste primeiro anuncio da organización do festival e entre elas hai moitos grupos da escena musical galega. Así pasarán polo Osa do Mar o combo caboverdiano- burelán Batuko Tabanka & Bando Krioula e tamén están os composteláns Blanco Palamera e Ezetaerre, os muradáns The Rapants, os coruñeses The Wonderminds e o vigués Sen Senra. Ademais deles actuarán en Burela unha das bandas máis populares da música alternativa independente como Derby Motoreta's Burrito Kachimba, os madrileños KITAI, Parquesvr, Grande Amore e Grande osso.

Ligazóns

 

 

 

Sponsored Links: No Frills Flyer, Freshco Flyer, Food Basics Flyer, Walmart Flyer, Giant Tiger Flyer