Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / O XIIIº Festival Pórtico do Paraíso esténdese á Ribeira Sacra lucense

O EVENTO INTERNACIONAL DE MúSICA CULTA XA NON CONTA CO APOIO DO CONCELLO DE OURENSE

O XIIIº Festival Pórtico do Paraíso esténdese á Ribeira Sacra lucense

ANTIGA | xaneiro 9, 2020

imaxe non dispoñible

A organización do Festival Internacional de Música Pórtico do Paraíso adiantou o cartel da súa décimo terceira edición, que terá lugar do 6 ao 15 de marzo e para a que conta coa colaboración da Xunta de Galicia, toda vez que o Concello de Ourense retirou a súa colaboración co evento que toma o seu nome da propia catedral ourensá. O festival, dedicado á difusión da música culta desde escenarios arquitectónicos singulares, esténdese por vez primeira fóra da provincia de Ourense, para ofrecer na Ribeira Sacra lucense dous dos cinco concertos programados este ano. O concerto inaugural correrá a cargo da Escolanía de Segovia o 6 de marzo no Templo da Vera Cruz do Carballiño. O festival inclúe, así mesmo, as actuacións do arpista británico Andrew Lawrence King o día 7 na igrexa de Santo Estevo de Ribas de Miño (O Saviñao), do violinista galego José Manuel Álvarez o día 8 na igrexa do Santo Anxo de Ourense, do Kosmos Emsemble do Reino unido o día 13 na igrexa de Santa María da Régoa de Monforte de Lemos e do guitarrista arxentino Víctor Villadangos o 15 de marzo no Liceo de Ourense. Este último será, ademais, o encargado de impartir o curso de interpretación que se desenvolverá do 11 ao 13 de marzo no Conservatorio Profesional de Música de Ourense.

 

 

 

Sponsored Links: No Frills Flyer, Freshco Flyer, Food Basics Flyer, Walmart Flyer, Giant Tiger Flyer