Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / Superfuzz estrea disco homónimo hoxe no Garufa Club

A BANDA CORUñESA PRESENTA O SEU PRIMEIRO TRABALLO HOMóNIMO

Superfuzz estrea disco homónimo hoxe no Garufa Club

ROCK | xaneiro 10, 2020

Superfuzz_capa.jpg

A sala coruñesa Garufa Club acolle hoxe unha das primeiras presentacións discográficas do ano, coa banda local Superfuzz como protagonista. A banda saca o seu primeiro disco autoeditado co mesmo nome do grupo e 11 temas propios, cantados en castelán. Rock con influxos dos anos setenta, de guitarra contundente en riffs e efluvios británicos, algo mods no rítmico e beat no uso de coros, moi habituais noutras bandas coruñesas tradicionalmente. Letras ben resoltas sobre melodías traballadas con detalle e remates elegantes que achegan un grao de familiaridade co son. O disco foi gravado e mesturado por Jose Puga e Pachi Baldome nos estudios Nakra da Coruña e a masterización levouse a cabo por Robin Schmidt nos estudios 24-96 Mastering de Karlsruhe. Superfuzz é unha formación clásica de trío de rock conformada por Javier Insua (voz e guitarras), Andrés Saavedra (baixo e coros) e Juan Folla (bateria, percusiónes e coros). Ao concerto desta noite ás 22:30 no Garufa Club seguirán outros, o vindeiro dos cales será o día 24 de xaneiro en Lugo na JagerLounge.

datos do disco

 

 

 

Sponsored Links: No Frills Flyer, Freshco Flyer, Food Basics Flyer, Walmart Flyer, Giant Tiger Flyer