Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / A Rede Galega de Música ao Vivo manterase en 20 locais ao longo de 2020

A AGADIC FIXO PúBLICA A LISTAXE DOS ESPAZOS QUE PARTICIPAN DESTA INICIATIVA

A Rede Galega de Música ao Vivo manterase en 20 locais ao longo de 2020

MISCELáNEA | xaneiro 30, 2020

imaxe non dispoñible

Un total de vinte sala acollerán este ano as actuacións que se desenvolvan no seo da Rede Galega de Música ao Vigo. A cifra mantense igual á de 2019, cando esta iniciativa duplicara o seu orzamento, e incorpora como novidades Aturuxo de Bueu, Sala Ruído de Ferrol, Sete Flores do Carballiño e Auriense de Ourense.

Mantéñense da última edición Bâbâ Bar e Garufa da Coruña, A Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro, SalaSON de Cangas, A Ventana de Laxe, Clavicémbalo de Lugo, A Fundación e Pub Gatos de Melide, Náutico do Grove, Borriquita de Belem, Casa das Crechas e Sala Moon de Santiago de Compostela, A Arca da Noe de Vilar de Santos, e El Contrabajo, La Fábrica de Chocolate e La Pecera de Vigo. Caen da última edición o Café-Concerto Jazz Filloa, Var con Uve de Moaña, a Sala Baranda do Barco de Valdeorras e mais a Sala Bianco Sama de Vilagarcía.

As actuacións incluídas no circuíto estarán financiadas nun 90% pola Xunta de Galicia. O número de salas que fan parte do circuíto descendeu de xeito continuo nos últimos anos. Se en 2016 fixeron parte do mesmo 34 salas, a cifra reduciuse a 31 no seguinte ano e ata 23 en 2018.

 

 

 

Sponsored Links: No Frills Flyer, Freshco Flyer, Food Basics Flyer, Walmart Flyer, Giant Tiger Flyer