Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / Pablo Bicho finaliza un parón discográfico de 16 anos con 'Aires nuevos'

O CANTAUTOR PRESENTOU O NOVO DISCO PRODUCIDO POR MIGUEL LAMAS QUE TAMéN O ACOMPAñA NA GRAVACIóN

Pablo Bicho finaliza un parón discográfico de 16 anos con 'Aires nuevos'

CANTAUTOR | febreiro 3, 2020

Bicho_airesnuevos.jpg

O cantautor estradense afincado na Coruña, Pablo Bicho, ven de presentar na sala Garufa o seu novo traballo en solitario Aires nuevos (autoeditado), un disco con oito temas propios que supón unha volta do artista na busca do seu espazo musical de clara predominancia de jazz latino. Pablo Bicho ten unha ampla traxectoria previa tanto en solitario como formando parte de outros proxectos como Los Bichos ou Radio Océano e chegou a ter un gran alcance na radiofórmula grazas ao seu disco Las cosas llegan cuando tiene que llegar (Arcade Music Company, 1998) co que estivo durante algún tempo na listas de éxitos. Aires nuevos é o seu primeiro traballo de longa duración tras dezaseis anos, o anterior foi Las Alegres Coplillas (autoeditado, 2003). Para este traballo, impulsado a través dunha campaña de micromecenado, o autor rodeouse dun grupo de colaboradores destacados pola súa calidade na escena musical do jazz e do funk, que ademais contribuíron cos seus propios arranxos nos temas. O batería Miguel Lamas, Octavio Vargas (baixo), Iago Muriño (teclados), Paúl Alvarez (guitarra) e Tony Gonzalez (percusión latina), ademais de Antonio Constela (percuisións), irmán de Pablo Bicho son os que participan na gravación baixo produción de Miguel Lamas e con mestura e master a cargo de Miguel Martos. Nos seus temas de Aires nuevos, Pablo Bicho dá saída aos sons latinos e tropicais que ven escoitando desde a súa infancia pasada en Venezuela na liña dun jazz latino alegre con letras para ser compartido en comunidade, cantado e bailado como é o caso en temas como Hablo con las plantas, La vara ou El marajá.

datos do disco

 

 

 

Sponsored Links: No Frills Flyer, Freshco Flyer, Food Basics Flyer, Walmart Flyer, Giant Tiger Flyer