Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / As primeiras Xornadas sobre a festa galega tratarán a reivindicación das verbenas como BIC

O SECTOR PROFESIONAL DAS ORQUESTRAS REúNESE DURANTE DOUS DíAS PARA DEBATER SOBRE AS SúAS CUESTIóNS MáIS RELEVANTES

As primeiras Xornadas sobre a festa galega tratarán a reivindicación das verbenas como BIC

MISCELáNEA | febreiro 11, 2020

imaxe non dispoñible

O mundo profesional da festa tradicional galega e a verbena vai dedicar os vindeiros días 12 e 13 de febreiro a reunirse na Cidade da Cultura en Santiago de Compostela e levar a cabo a primeira edición das Xornadas sobre as festas onde se celebrarán diversas mesas redondas con debate más cales se analizarán as principais cuestións que afectan o mundo das Festas nestes intres (Patrimonio, Lei de Espectáculos, Convenio Laboral, etc.). O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, inaugurará as xornadas dando paso a unha mesa de debate sobre A festa como patrimonio da cultura galega, no que se tratará da petición de declaración como Ben de Interese Cultural (BIC) inmaterial da verbena galega que está a ser impulsada desde o mundo das orquestras. Outra das mesas tratará o tema da representación artística na verbena. As xornadas promovidas pola Asociación de Orquestras de Galicia (AGO) e a Asociación de Representantes Técnicos de Galicia (ARTEGAL) contarán coa presenza de especialistas en cada tema para aclarar as últimas novas con respecto as festas e coa representación de tódolos axentes do sector (Oficinas de Espectáculos, Axentes e Orquestras) ademais da colaboración de ASEVEGA (Asociación de Empresarios da Verbena). Os debates están abertos ao público en xeral.

DOCUMENTO

Tamén che pode interesar:

 

 

 

Sponsored Links: No Frills Flyer, Freshco Flyer, Food Basics Flyer, Walmart Flyer, Giant Tiger Flyer