Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / O Festival Metropolitano Elas son artistas achegará 10 de días de música e arte a oito concellos

A TERCEIRA EDICIóN DO EVENTO HOMENAXEARá A ARETHA FRANKLIN

O Festival Metropolitano Elas son artistas achegará 10 de días de música e arte a oito concellos

MISCELáNEA | febreiro 12, 2020

imaxe non dispoñible

Unha das citas máis refrescantes do país, o Festival metropolitano de música e artes pola igualdade, Elas Son Artistas, ven de presentar a súa terceira edición. O Teatro Colón da Coruña, cidade epicentro do evento que se desenvolve en oito concellos da área metropolitana, acolleu o acto de posta en público do festival. Os concellos de A Coruña, Arteixo, Bergondo, Betanzos, Cambre, Carral, Oleiros e Sada acollerán este ano 10 días de actividades que irán do 17 ao 26 de abril, e que farán unha homenaxe á raíña da música soul, a desaparecida Aretha Franklin. Así un dos grandes atractivos da programación deste ano é a estrea na cidade da Coruña do documental Amazing Grace, unha peza de cine en directo en torno á gravación dese álbum, unha das cimas creativas de Aretha Franklin. O programa multidisciplinar ten as mulleres creadoras como protagonistas e vai dirixido a un público de mente aberta, que se achega a diversas artes e diversos espazos, e incluso a diversos estilos dentro da música.

Na parte musical o IIIº Elas son Artistas contará cunha multitude de propostas repartidas polos oito concellos da área metropolitana: desde o rock dunha das bandas máis potentes da escena galega e nacional, Agoraphobia, o cuarteto de rock "indie" dos 90s, Mourn, ata unha lista de grandes compositoras como Carmen Boza, Silvia Penide, Ainoa Buitrago, Belém Tajes, Lau ou Lúa Mosquetera, quen mestura poesía con música. Ademais o festival contará coa participación de Artesanía de Galicia o domingo de clausura na Fundación Luis Seoane, con 7h cooperativa cultural e o seu obradoiro de pintura da man de Elas tamén pintan, e un ano máis, volverase traballar a escritura terapéutica na Casa Museo Emilia Pardo Bazán con Andrea Pazos. Hoxe mércores terá lugar unha festa de presentación do festival na Sala Mardi Gras co concerto da banda canadense de southern soul, gospel e blues, ByWater Call, e o venres 6 de marzo, a venezolana Georgina.

Ligazóns

 

 

 

Sponsored Links: No Frills Flyer, Freshco Flyer, Food Basics Flyer, Walmart Flyer, Giant Tiger Flyer