Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Esmorga Fest despedirá o inverno cun potente cartel de máis de vinte actuacións

SILFEST DE VALDEORRAS E ATLANTIC FEST ENGADEN NOMES PARA AS SúAS NOVAS EDICIóNS E SONRíAS BAIXAS PECHA CARTEL

Esmorga Fest despedirá o inverno cun potente cartel de máis de vinte actuacións

MISCELáNEA | febreiro 14, 2020

imaxe non dispoñible

A un mes vista do Esmorga Fest o cartel xa anunciado deste evento de Sarria (Lugo) dá para proclamar o festival como unha das máis importantes citas deste tipo no interior galego e fóra da época estival para este 2020. Co cartel aínda sen pechar pero con máis de vinte nomes confirmados para esta edición que terá lugar entre o 13 e o 14 de marzo, nos últimos días do inverno, o festival reunirá nos seus escenarios unha boa representación da música independente e alternativa máis emerxente da escena musical actual. Nomes como Pálida, Moura, Trifulca ou The Fingers dan tamén presenza asegurada de artistas de Galicia nun cartel que conta ademais con bandas como Cariño, Los Punsetes, Viva Belgrado, Pony Bravo e un longo listado ata as 22 propostas que o evento lucense ofrece arestora.

Esta mesma semana outro festival do interior galego, o SilFest de Valdeorras fixo tamén importantes anuncios no seu crecente cartel de confirmacións, para a súa quinta edición, que se celebrará entre o 23 e o 25 de xullo na praia fluvial do concello ourensán do barco de Valdeorras. O dúo Presumido – do que o valdeorrés Tarci Ávila é parte-, a banda Agoraphobia, e De Vacas son xa algunhas desese nomes confirmados ademais dos veteranos Sex Museum, os emerxentes The Levitants, Veintiuno e Alberto&García. Tamén de outro importantes festivais do verán tivemos novas esta semana. Estes días pechou cartel o SonRías Baixas de Bueu, que se celebrará na localidade costeira pontevedresa entre o 30 de xullo e o 1 de agosto. Na súa liña de fusión e música urbana combativa proposta, o festival de Bueu ven de engadir ao seu xa importante oferta as actuacións de Ska-p, Rayden, El Kanka, Oques Grasses, JazzWoman, Alamedadosoulna, Arco, The Skarnivals, Maurino e Glaician Army. Estas 10 novas confirmacións súmanse aos xa anunciados Kase.O, Desakato, El Drogas, Sara Hebe, Balkan Paradise Orchestra, García Mc & Nación Quilombo. Pola súa banda o Atlantic Fest segue engadindo tmaén importantes nomes para a súa nova andaina fóra da Illa, en Vilagarcía. C.Tangana, María José Llergo, Kaixo, Ladilla Rusa e Tito Ramírez se unen hoxe a Amaia, Fuerza nueva, Carolina Durante, Javiera Mena, Derby Motoreta's Burrito Kachimba e Núria Graham como artistas confirmados, para a quinta edición de Atlantic Fest.

 

 

 

Sponsored Links: No Frills Flyer, Freshco Flyer, Food Basics Flyer, Walmart Flyer, Giant Tiger Flyer