Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / Sés amosa boa saúde en 'Liberar as arterias'

O SéTIMO DISCO DA CANTAUTORA AMOSA A COHERENCIA DO SEU DISCURSO NA DIVERSIDADE DE SONS QUE MANEXA

Sés amosa boa saúde en 'Liberar as arterias'

CANTAUTOR | febreiro 21, 2020

Ses_liberararterias.jpg

Un poema de Luz Fandiño dá título ao sétimo álbum de María Xosé Silvar "Sés", que hoxe mesmo sae ao mundo da man de Altafonte. Liberar as arterias é tamén a única das doce cancións do disco homónimo cuxa letra non é da propia Sés, no resto dos temas a cantautora asina letras e músicas. Como se agarda dela, Sés, mantén viva e saudable a súa mensaxe de denuncia social ao longo de todo o álbum que, de novo bebe musicalmente do legado dos cantautores latinoamericanos que desde os anos 60 marcaron a historia musical da conflitividade política tanto nos países americanos como na España da ditadura e a transición. Coherente con esta liña que estaba tan presente no anterior Rabia ao silencio(Altafonte, 2019) están cancións como a que dá titulo ou Quen son os meus, O silencio non marcha e Na fronteira, por exemplo. Pero ademais nesta ocasión Sés ofrece ao longo do disco cortes nos que teñen sitio con bo resultado – como xa fixera en anteriores discos- sons do rock máis electrico, o soul, o blues ou o jazz funk coma en Para a curación, Trampa de odio, Mafia, na que semella saldar contas pendentes moi concretas, ou esa contundente Espiña sen rosa no que se declara con forza: "prefiro ser herba mala que camelia pra lucir". As presentacións en directo en na América do Sul xa tiveron lugar durante este mes de febreiro e agora comeza a súa xira peninsular o vindeiro día 28 na sala barcelonesa Luz de Gas. O primeiro concerto en Galicia terá lugar o 6 de marzo no teatro Afundación de Vigo. Na Coruña e Pontevedra tamén hai previstas actuacións.

datos do disco
Ligazóns

 

 

 

Sponsored Links: No Frills Flyer, Freshco Flyer, Food Basics Flyer, Walmart Flyer, Giant Tiger Flyer