Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / Son Trío sacan o seu primeiro disco 'Miña Almiña'

VERSOS DE ROSALíA DE CASTRO E MELODíAS ORIXINAIS CONFORMAN ESTE ELEGANTE E INTIMISTA áLBUM

Son Trío sacan o seu primeiro disco 'Miña Almiña'

MELóDICA | marzo 2, 2020

minha_alminha_SonTrio.jpg

Talvez poñer na rúa un disco completo xa non sexa un requisito fundamental para formar parte da escena musical ao cento por cento, pero facelo aínda ten o seu mérito ademais do seu traballo, por iso a presentación do primeiro disco longo de Son Trío, o álbum Miña almiña (Autoeditado) segue a ser un acontecemento. A Casa de Rosalía, en Padrón, acolleu o momento en que o trío formado por Katerina Linke (piano e composición), Su Garrido Pombo (voz) e Susanna Blanco (cello) amosaba en directo os temas que vertebran este seu disco. O sitio era o máis acaído toda vez que Miña Almiña son 9 cancións con música orixinal e letra de Rosalía de Castro. Melodías intimistas e elegantes, aproveitando os rexistros do cello e o piano para viaxar do jazz á clásica e á música tradicional, sempre en códigos contemporáneos.

O álbum foi producido por Gonso Pedrido e o libriño trae os poemas de Rosalía en galego coas traducións ao inglés feitas por Erín Moure na publicación de Follas Novas de Jonathan Dunne na editorial SmallStations Press, cedidas para este disco. As Son Trío completan o seu repertorio con versións propias de cancións populares galegas e tamén doutros poetas galegos, como é o caso da canción Un día, coa que o pasado ano gañaron a segunda edición do premio bianual que convoca a Fundación Celso Emilio Ferreiro, que premia a mellor canción con música orixinal e textos do poeta. Ademais Su Garrido tamén ten no seu palmarés ter gañado en 2018 o Xº Premio Narf de artistas e grupos musicais que convoca a Deputación da Coruña. Miña Almiña está dispoñible en plataformas dixitais e para venda directa a través da web do grupo.

datos do disco

 

 

 

Sponsored Links: No Frills Flyer, Freshco Flyer, Food Basics Flyer, Walmart Flyer, Giant Tiger Flyer