Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / Xico de Carinho presenta 'Na harmónica', o seu primeiro disco en solitario

O VETERANO ARTISTA CéNTRASE NESE INSTRUMENTO PARA INTERPRETAR O SEU REPERTORIO GALEGO E LUSO-BRASILEIRO

Xico de Carinho presenta 'Na harmónica', o seu primeiro disco en solitario

FUSIóN | marzo 5, 2020

imaxe non dispoñible

A Associaçom José Afonso-Galiza e a Gentalha do Pichel de Santiago organizan hoxe un acto de presentación do libro-disco Na harmónica, de Xico de Carinho, editado pola Central Folque. O acto, que contará coa cantautora Alba María ademais do propio Xico de Carinho, será ás 20:30 h. na Gentalha do Pichel (rúa de Santa Clara, 21) en Santiago de Compostela. A entrada é libre. Francisco Peña Villar, Xico de Carinho (Cariño, 1940), é unha personalidade singular, que foi punto de conexión de José Afonso con Galiza desde os anos 70, cando se coñeceron en París, até a homenaxe de 1985 no parque de Castrelos, organizada polas Asociacións Culturais e o xornal A Nosa Terra. No limiar de entrar na súa oitava década, Xico presenta o que é o seu primeiro disco propio, coas constantes do seu repertorio galego e luso-brasileiro orbitando arredor da harmónica, o instrumento máis amado por el. Con este libro disco inaugúrase Zeca, a nova colección de Libros-Cd de aCentral Folque.

Xico ofrécenos o que é o seu primeiro disco como harmonicista solista nas constantes do seu repertorio lusófilo orbitando arredor da "gaita de beizos". Cos arranxos de Jorge Sarraute (doce temas) e Isabel Rei (tres temas) en formato libro cunha edición de luxo. Nas 90 páxinas acompañan estes catorce temas de moi variadas colaboracións musicais (máis de vintecinco artistas como Laura Quintillán, Jordi Torrens ou Carlos Castro) textos de autores e autoras galegos e de outros ámbitos da lusofonía (Xurxo Souto, Vicentet Araguas, Mário Correia ou Artemisa Somedo), aos que acompañan diversas ilustracións e fotografías. Ao vivo, o repertorio de Na Harmónica está interpretado polo propio Xico e a familia Mvundi, Alberto e Joel, angolanos afincados na Galiza, e convidados especiais que gravaron no disco.

datos do disco

 

 

 

Sponsored Links: No Frills Flyer, Freshco Flyer, Food Basics Flyer, Walmart Flyer, Giant Tiger Flyer