Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Germán Díaz e Tanxugueiras aparecen como favoritos nos Premios Opinión de Música de Raíz

A XIX EDICIóN DOS GALARDóNS DEU A COñECER OS SEUS FINALISTAS

Germán Díaz e Tanxugueiras aparecen como favoritos nos Premios Opinión de Música de Raíz

FOLK | marzo 6, 2020

imaxe non dispoñible

O xornal La Opinión publicaba na mañá deste 6 de marzo a listaxe de finalistas para XIX edición dos Premios Opinión de Música de Raíz. Na listaxe destaca a presenza de Germán Díaz, que está presente nas catro categorías dos galardóns. O zanfonista, para alén de optar ao premio ao mellor intérprete, aspira ao de mellor disco polo Trece cancións bonitas que gravou con Benxa Otero, e onde se atopan tanto Es un sombrero, aspirante a mellor tema orixinal, como Alalá de Muxía, candidata á mellor adaptación dunha peza tradicional.

O trio Tanxugueiras son as outras favoritas desta xeira. O seu álbum Contrapunto aspira ao título de mellor álbum, e fican finalistas nas categorías de mellor tema orixinal con Maltraer e de mellor adaptación con Desposorio. O pianista Brais González acumula dúas candidaturas, unha en solitario a mellor intérprete e outra na mellor peza adaptada pola Xota do Norte que asina con Nelson Quinteiro. Iván, de Fiandola, é a última peza en liza por esta categoría.

Ao cabo Leirín de Faia e mais Umami de Entre Trastes completan as candidaturas ao mellor álbum. O grupo aspira tamén ao galardón ao tema orixinal por Candolla, mentres na competición a mellor intérprete compiten tamén Xurxo Iglesias e Xoán Curiel. Teste que levantar de Zoelas, aspirante a mellor canción orixinal, completa a listaxe de finalistas.

 

 

 

Sponsored Links: No Frills Flyer, Freshco Flyer, Food Basics Flyer, Walmart Flyer, Giant Tiger Flyer