Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / Xosé Lois Romero e Aliboria continúan a explorar a percusión en Latexo

O NOVO áLBUM DO GRUPO CONTA CON DEZ TEMAS QUE ACHEGAN DIFERENTES ESTILOS á NOSA TRADICIóN SONORA

Xosé Lois Romero e Aliboria continúan a explorar a percusión en Latexo

FOLK | marzo 12, 2020

latexo_xl_romero_aliboria.jpg

"Trasladar o bruar da terra, algo que chega dende o corazón, pero que pasa polas vísceras, e se convirte nunha sorte de zunido tribal, de folclore racial, de estalido musical" é o obxectivo co que Xosé Lois Romero e Aliboria presentan Latexo, o seu segundo álbum de estudio. Da man da discográfica Raso chega ás tendas este proxecto con dez novos temas catro anos despois da presentación do grupo co seu disco homónimo.

A partir dos mesmos vimbios de voces femininas e percusión tradicional reinventada, no novo álbum a formación "resignifica os códigos da música folk galega. Tan preto da tradición galega máis crúa como dos sons da África máis indixenista, o romanticismo armónico e coral da música sacra, ou mesmo esa sensación de poder que impón a `haka´ dos All Blacks de Nova Zelanda", explica a presentación do disco. Nos temas, unha dupla versión de Milton Nascimento con Ponta da areia/María María, influencias que achegan a nosa tradición á música industrial, sons indíxenas de Latinoamérica, música do mundo ou outras propostas de renovación folclórica de diferentes coordenadas exploran novos campos para a nosa tradición sonora.

datos do disco

 

 

 

Sponsored Links: No Frills Flyer, Freshco Flyer, Food Basics Flyer, Walmart Flyer, Giant Tiger Flyer