Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / / A Xunta ampliará a proposta de declaración como BIC do baile tradicional

AS ALEGACIóNS DE COLECTIVOS E ENTIDADES DO SECTOR LEVARON A MODIFICAR ESTA INICIATIVA

A Xunta ampliará a proposta de declaración como BIC do baile tradicional

FOLK | marzo 16, 2020

imaxe non dispoñible

O Diario Oficial de Galicia deste 16 de marzo publica a resolución da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural que deixa sen efecto a incoación para declarar ben de interese cultural o baile tradicional. Cando se fan dous anos do comezo do proceso, esta orde fecha aquela iniciativa, ao tempo que anuncia a posta en marcha dun novo procedemento ampliado co que se pretende declarar como BIC o conxunto do baile e da música tradicional do país. A nova declaración iniciará agora unha fase de análise previa á posta en marcha a súa incoación.

Segundo recolle o texto do Diario Oficial de Galicia, as múltiples alegacións coordinadas de colectivos e entidades dedicadas a este ámbito levaron a desistir do proxecto inicial de declaración. Así, a orde apunta que "durante o procedemento de información pública foron presentadas alegacións por diversas persoas e asociacións, entre eles colectivos relacionados coa antropoloxía e o patrimonio etnolóxico de Galicia, e tamén co propio baile tradicional. Todas elas recollen un texto idéntico ou moi similar, cunha mesma estrutura e contidos, así como argumentos que inciden en aspectos que deben ser valorados".

A raíz destas alegacións conxuntas, segundo recoñece a Dirección Xeral de Patrimonio Cultural "como resultado final da documentación e a recollida da súa valoración no procedemento de información pública, resulta evidente que persoas e colectivos -que tamén teñen a consideración de portadores da manifestación, así como responsables tamén de medidas de documentación, investigación e difusión para a súa salvagarda- consideran que a descrición e o alcance da valoración do baile galego segundo o procedemento incoado non é representativo do conxunto dos seus valores".

Así, ainda que a Xunta sinala que "semella acreditado o carácter sobranceiro do baile tradicional, a súa descrición e a das comunidades, organizacións e individuos que o manteñen, debe ser revisada e completada".

 

 

 

Sponsored Links: No Frills Flyer, Freshco Flyer, Food Basics Flyer, Walmart Flyer, Giant Tiger Flyer