Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Luar na Lubre avanzan dous temas do seu seguinte disco sobre o Camiño de Santiago

A FORMACIóN CELTA CENTRA O SEU 19º TRABALLO NA TEMáTICA XACOBEA

Luar na Lubre avanzan dous temas do seu seguinte disco sobre o Camiño de Santiago

FOLK | marzo 27, 2020

imaxe non dispoñible

Luar Na Lubre estrea hoxe dous temas novos de adianto do seu seguinte traballo discográfico Vieiras e vieiros. Historias de peregrinos. As pezas Benvido e Mártiros e o vákner son os primeiros cortes que se avanzan do 19º disco da banda, un álbum no que Luar Na Lubre explora os escritos, as lendas, as sonoridades e as pegadas que os peregrinos deixaron a través dos múltiples sendeiros que conforman o Camiño de Santiago ao seu paso polo territorio galego. A saída do disco estaba prevista para o vindeiro 17 de abril e foi posposta, aínda sen nova data, ao igual que os primeiros concertos de presentación directo. O primeiro dos temas, Benvido, é un canto de benvida e de presentación aos peregrinos que chegan a Galicia a través do Camiño e conta coa colaboración da voz de Miguel Ríos que rexistra por vez primeira un tema en galego; mentres que o segundo, Mártiros e o vákner, pon o foco sobre a lenda da ruta xacobea que aborda a peregrinación do armenio Mártiros e o seu encontro nos montes de Dumbría cunha besta maligna á que nomeou vákner. O disco conta co apoio da Xunta de Galicia a través do programa O teu Xacobeo. Os temas xa están dispoñibles en plataformas dixitais (iTunes, Deezer, Tidal, Spotify e Amazon).

Ligazóns

 

 

 

Sponsored Links: No Frills Flyer, Freshco Flyer, Food Basics Flyer, Walmart Flyer, Giant Tiger Flyer