Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / Benxa Otero musica a Chus Pato en Tocar a pel do animal

O MúSICO LALINENSE UNE FORZAS COA CATALá ELENA TARRATS NESTE NOVO PROXECTO

Benxa Otero musica a Chus Pato en Tocar a pel do animal

MISCELáNEA | abril 24, 2020

tocar_pel_anima_benxa_otero.jpg

Cinco cancións nadas da improvisación musical no estudio a partir das fotografías do propio músico compoñen a última proposta de Benxa Otero. O compositor e intérprete lalinense presenta en colaboración coa catalá Elena Tarrats Tocar a pel do animal, unha selección de temas gravados en dúas sesións no estudio As Gonzalinhas de Lalín. O proxecto mestura unha selección de versos de Chus Pato realizada pola propia Tarrats ao vivo e cantados en diversas linguas que se combinan con achegas da propia cantante. A nivel musical sintetizadores, clarinetes e outros instrumentos se mesturan para crear atmósferas complexas. Aínda que polo momento os temas están dispoñibles na rede, Otero anuncia a vindeira edición do proxecto nun formato de colección de postais coas letras e unha ligazón para escoitar os temas.

datos do disco

 

 

 

Sponsored Links: No Frills Flyer, Freshco Flyer, Food Basics Flyer, Walmart Flyer, Giant Tiger Flyer