Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Esposa comparten dor e ilusión lanzando dous EP ao tempo

OS TEMAS DE 'É O QUE HAI' E 'BELO HORIZONTE' DIVíDENSE ENTRE CANCIóNS PROPIAS E VERSIóNS

Esposa comparten dor e ilusión lanzando dous EP ao tempo

INDIE | maio 5, 2020

imaxe non dispoñible

O grupo Esposa ven de deixar nas plataformas dixitais dous traballo ao tempo, os EP É o que hai e Belo Horizonte, cos que xuntan oito temas , algúns deles xa presentes en discos colectivos e outras que son versións adaptadas de outros autores do seu universo referencial. Estes son os primeiros lanzamentos da banda despois daquel LP de debut Xardín interior (2017). En Belo horizonte agrúpanse os catro temas de composición propia, o que dá nome ao disco é un tema composto e interpretado coa banda Pantis e os outros tres apareceron anteriormente en recopilatorios colectivos como Galician Bizarre 3 (Autoeditado, 2018), no libro disco conmemorativo editado pola sala ourensá Torgal en 2018 ou, coma no caso de Belo Horizonte en Nada(l). 13 panxoliñas orixinais de 13 bandas galegas actuais (Xonix Records, 2017). No caso de É o que hai o cuarteto ofrécenos a súa revisión de catro temas de artistas de referencia como Yo La Tengo ( Ohm), Modern Lovers, cun Pablo Picasso cuxa versión lírica inclúe autorreferencias dos porpio Esposa; os Feelies (É o que hai) e tamén de Billy Bragg coa coñecida New England trocada aquí en Pra que serve esta canción? nunha adaptación libre. Todas elas, dos dous Ep, en galego.

"No momento en que as cousas non poden ser como queremos, temos que facelas doutra maneira", así de contundentes presentan Esposa o lanzamento conxunto de dous EP neste mesmo momento. É o que hai e Belo Horizonte, xorden como froito desta pausa na que os membros do grupo vénse separados ata por seiscentos quilómetros entre eles pero a súa música os mantén unidos. "Facer música é unha mestura entre o son que imaxinamos e o descontrol que o mundo bota sobre el", aseguran Esposa no seu Bandcamp. "É unha cousa bonita porque é fráxil e impredicible. A nosa vida tamén o é, e algunhas das cancións que escoitaredes falan diso: das distancias, dos cambios, de fallar, das formas de relacionarnos… De aceptar o que vén e de facer cousas para resistirnos a iso que vén. Do medo a que o descontrol do mundo nos arrastre a sitios nos que non queremos estar, ou nos convirta en persoas que non queremos ser. Todos estes cambios implican dor, pero cando algo desaparece xa non hai regras, non hai inercia e hai que celebrar que aínda estea todo por facer". Esposo consideran que estes dous EP conteñen esa dor, pero ao mesmo tempo "a ilusión de seguir imaxinando algo as catro e a alegría de reunirnos".



 

 

 

Sponsored Links: No Frills Flyer, Freshco Flyer, Food Basics Flyer, Walmart Flyer, Giant Tiger Flyer