Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / María Manuela recibirá o galardón honorífico dos Premios Martín Códax da Música
María Manuela recibirá o galardón honorífico dos Premios Martín Códax da Música
maio 6, 2020
A Asociación Músicas ao Vivo, que organiza anualmente os Premios Martín Códax da Música, acordou outorgarlle o seu galardón honorífico á cantante María Manuela. Con este premio recoñece "a longa e comprometida traxectoria" da que considera "cantora referente da canción protesta e gran activista social, e unha loitadora incansable pola valorización da cultura galega". O colectivo salienta que esta é "unha homenaxe especial a unha muller igual de especial, querida e admirada por todo o que representa".
Nada na Coruña en 1945, lanzou o seu primeiro álbum Cantigas ao meu xeito en 1975. Entre a segunda metade desta década e os comezos dos 80 publicou varios álbums de grande éxito a formar dúo coa súa parella Miguel, chegando a realizar xiras internacionais. O seu último traballo de estudio foi Para Miguel, de 1999, colaborando desde entón en diferentes proxectos musicais e audiovisuais.
Tamén che pode interesar:
- 28/ 10/ 2021 | A escena musical reencontrouse nos Premios Martín Códax
- 21/ 10/ 2021 | Pablo Barreiro recibirá o Premio de honra dos Martín Códax
- 7/ 10/ 2021 | O mellor da música galega do ano en 51 nomes
- 20/ 8/ 2021 | Os Premios Martín Códax recoñecen cun galardón os esforzos de salas e festivais
- 14/ 5/ 2018 | O "...mañá..." máis maduro de Carmen Rey