Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / A TVG2 emitirá a ópera A amnesia de Clio

A MONTAXE DE VOADORA PODERá VERSE NA NOITE DO 16 DE MAIO

A TVG2 emitirá a ópera A amnesia de Clio

CLáSICA/LíRICA | maio 7, 2020

imaxe non dispoñible

A amnesia de Clio, ópera da compañía Voadora que chegou ás táboas o pasado mes de novembro, terá a súa estrea televisiva este 16 de maio. A segunda canle da TVG programa para as 22:45 horas unha emisión da obra composta por Fernando Buide sobre texto de Fernando Epelde, dirección escénica de Marta Pazos e Paul Daniel na dirección musical. Para o día 17, cara á media noite está prevista unha redifusión da montaxe que Voadora coproduciu co Consorcio da Música de Santiago, a Axencia Galega de Industrias Culturais (AGADIC) e o Centro Dramático Galego, ademais da Asociación de Amigos da Ópera de Santiago.

A compañía convida aos espectadores a vivir esta estrea televisiva preparándose como se fose un eento ao vivo en sala, e anima a compartir imaxes da experiencia do visionado compartindo nas redes sociais imaxes co cancelo #AMiñaNoiteNaÓpera.

 

 

 

Sponsored Links: No Frills Flyer, Freshco Flyer, Food Basics Flyer, Walmart Flyer, Giant Tiger Flyer