Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Nace A ponte dos concertos para levar a música ao vivo a domicilio

PACO NOGUEIRAS E FERNANDO BARROSO INAUGURAN ESTA PROPOSTA DOS ESTUDIOS A PONTE

Nace A ponte dos concertos para levar a música ao vivo a domicilio

MISCELáNEA | maio 12, 2020

imaxe non dispoñible

A responder á problemática do sector da música ao vivo pola crise da Covid-19, os estudios de gravación A Ponte acaban de presentar o proxecto A ponte dos concertos. A nova iniciativa pretende fornecer a grupos e solistas cunha plataforma para actuar, con bo son, realización multicámara e iluminación axeitada no propio estudio. Desde alí realizarase unha emisión en streaming que permitirá ao público asistir ao espectáculo en directo desde a casa, cun chat en tempo real para interactuar coas bandas ou co resto da concorrencia. As retransmisións serán de pago e o recadación irá íntegra a músicos e músicas.

Paco Nogueiras inaugura este 16 de maio o formato cun concerto que se retransmitirá a partir das 19 horas e que ten á venda entradas a 5 euros. Fernando Barroso celebrará o dia 21 a segunda actuación prevista, con entradas a 8 euros. O servizo de retransmisión parte dun prezo de 333 euros máis IVE para os proxectos musicais interesados.

 

 

 

Sponsored Links: No Frills Flyer, Freshco Flyer, Food Basics Flyer, Walmart Flyer, Giant Tiger Flyer