Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / A Xunta vira o programa FEST Galicia cara a concertos virtuais

FEST GALICIA EN LIñA XACOBEO 2021 CONTARá CON 400.000 EUROS DE ORZAMENTO

A Xunta vira o programa FEST Galicia cara a concertos virtuais

MISCELáNEA | maio 20, 2020

imaxe non dispoñible

Logo de anular este 19 de maio a partida de 460.000 euros cos que se apoiaba a "adhesión á marca Fest Galicia para a temporada 2020" e os contratos de patrocinio con festivais de música, a Consellaría de Cultura e Turismo presentaba na mañá deste día 20 a alternativa coa que pretende adaptar este programa á actual situación de crise sanitaria. FEST Galicia en liña Xacobeo 2021 é o nome da proposta que coa que este departamento quere manter o seu apoio aoseventos integrados nesta marca. Deste xeito destinará ao novo programa un monto de 400.000 euros cos que se desenvolverán "a partir de xullo concertos online e outra serie de actividades particularizadas e consensuadas con cada unha das citas asociadas á marca".

Segundo explica a Consellería o novo programa achega a estes festivais "unha nova plataforma de difusión para seguir en contacto co seu público cun programa coordinado de concertos en liña, prioritariamente de bandas galegas, así como doutras actividades que terán en conta as características de cada un dos eventos. A colaboración materializarase a través dun convenio entre a Consellería de Cultura e Turismo e a Asociación de Festivais de Galicia".

A nova plataforma contará con trece eventos, ao se sumar o Under Fest de Vigo aos 12 que xa facían parte de FEST Galicia: PortAmérica (Caldas de Reis), Resurrection Fest (Viveiro), Atlantic Fest (Vilagarcía de Arousa), Vive Nigrán, Sinsal SON Estrella Galicia (Illa de San Simón, Redondela), 17º Ribeira Sacra (Monforte de Lemos, Sober, Castro Caldelas, Ribas de Sil e Nogueira de Ramuín), SonRías Baixas (Bueu), Revenidas (Vilagarcía de Arousa), Cantos na Maré (Pontevedra), Festival de la Luz (Boimorto), Caudal Fest (Lugo) e WOS Festival (Santiago de Compostela).

 

 

 

Sponsored Links: No Frills Flyer, Freshco Flyer, Food Basics Flyer, Walmart Flyer, Giant Tiger Flyer