Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / Zënzar actualizan o futuro ao que apuntaban en 1997 co seu novo disco

'BENVIDAS ó FUTURO' é O DéCIMO DISCO DA LONXEVA E COMBATIVA BANDA DE ROCK DE CERCEDA

Zënzar actualizan o futuro ao que apuntaban en 1997 co seu novo disco

ROCK | xuño 16, 2020

capa_benvidas_futuro_zenzar.jpg

Xa está dispoñible o novo disco da veterana banda de rock de Cerceda, Zënzar. Benvidas ó futuro (Inquedanzas Sonoras, 2020) é o décimo traballo deste grupo de punk rock que leva trinta anos facendo soar os decibelios, sempre cunha mensaxe combativa que retrata os seus tempos. Por primeira vez na historia de Zënzar, un disco é composto, gravado e deseñado unicamente por membros da banda. Coa referencia clara e actualizada ao seu primeiro disco Disparado ó futuro, neste novo traballo o grupo inclúe revisións dalgúns temas do seu pasado e novas composicións nas once pistas da súa edición estándar. Tamén está dispoñible unha edición especial en USB que inclúe unha selección de 32 temas de discos (e unha maqueta) anteriores. Como exemplo desa mestura entre o novo e o anterior os dous temas cos que Zënzar fixo avances deste Benvidas ó futuro, son a revisión dun dos seus clásicos, A culpa foi de Leño, e unha das novas composicións, Todo se extingue, asinada por todos o compoñentes actuais da lonxeva formación: Laura Romero, Manolo García, Mario Grela, Paco Cerceira e Xosé Ramón Bocixa. Ademais xa teñen dous vídeos dete novo álbum: o de A culpa foi de Leño, e Standing Rock

A gravación buscou recoller o son máis achegado aos seus potentes directos e levouse a cabo no seu local de ensaio coa produción técnica a cargo de Roi Gil, técnico de directo e o sexto Zënzar. A banda pon de novo voz e música aos problemas persistentes que eles ven na Galicia do século XXI, como é a eucaliptización do territorio, as políticas do espolio, as loitas das labregas e dos labregos, a historia das mulleres do rural ou a contaminación. Sen esquecerse de mencionar as redes sociais e as novas formas de nos relacionar que trouxo o progreso tecnolóxico. A parte gráfica, desde a portada ata o deseño de merchandising é obra de Laura, ilustradora e baixista da banda. No disco contaron ademais con moitas colaboracións do mundo da música e da cultura galega coma Zeltia Irevire, Juankar de Boikot, O Reverendo Can (que tamén aportou un tema), Manuel Silveira (ex-Zënzar e membro fundador), Anxo Silveira (Talesien) ou Miguel Duarte. Tamén xente das letras coma Laura Rey, Emma Pedreira e Ramiro Vidal (autor do texto dun dos temas).



datos do disco
Ligazóns

 

 

 

Sponsored Links: No Frills Flyer, Freshco Flyer, Food Basics Flyer, Walmart Flyer, Giant Tiger Flyer