Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / O Silfest Valdeorras apraza a súa edición 2020

A ORGANIZACIóN TRABALLA PARA CELEBRAR O EVENTO EN NOVAS DATAS ESTE MESMO ANO

O Silfest Valdeorras apraza a súa edición 2020

MISCELáNEA | xuño 18, 2020

imaxe non dispoñible

Este 23 de xullo non marcará, como estaba previsto, o comezo da edición 2020 do Silfest de Valdeorras. A organización do evento decidiu aprazar a realización desta xeira a sinalar "a falta dunha normativa específica sobre a realización de festivais así como de medidas de seguridade concretas para ditos eventos". No entanto, aseguran estar a traballar para reacomodar o festival en novas datas durante este mesmo ano, "sempre que sexa posible garantir a seguridade e cumprir coas normas esixidas polas autoridades". Segundo adiantan, as entradas adquiridas serán válidas para as novas datas e en breve se anunciará o mecanismo de devolución para quen as queira devolver. Polo momento non se fixera público o cartel da nova edición deste festival que se celebra ao longo de tres días na praia fluvial do río Sil no Barco de Valdeorras.

 

 

 

Sponsored Links: No Frills Flyer, Freshco Flyer, Food Basics Flyer, Walmart Flyer, Giant Tiger Flyer