Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / Boyanka Kostova saen a rachar co novo disco 'Os dous de sempre'

O DúO REFERENCIA DO TRAP EN GALEGO EXPERIMENTA CON TOTAL LIBERDADE DANDO UNHA VIAXE ATA A MúSICA TRADICIONAL

Boyanka Kostova saen a rachar co novo disco 'Os dous de sempre'

HIP-HOP | xuño 18, 2020

BoyankA_dousdesempre.jpg

Boyanka Kostova viña de sacar Nova Canción Galega (Mushroom pillow, 2019) e non agardou moito antes de dar outro paso, neste caso con Os dous de sempre(Mushroom Pillow) tiran xutamente do título da novel de Castelao para facer un traballo que achega aínda máis os cernes da música tradicional ao trap en galego do que son un referente. Con este novo álbum os Boyanka van con toda liberdade nos seu sete temas, explorando e incluíndo detalles como un "sampleado" dun dos diálogos de Ernesto Chao en Pratos Combinados para o tema Restaurantes. Son inevitables, escoitando temas como Muinheira de Interior co que fixeron o lanzamento en vídeo, as lembranzas de aqueles temas de Os Resentidos no revolucionario Fai un sol de carallo (Grabaciones Accidentales, 1986) e eles mesmo declaran a súa condición de herdeiros neste sentido. Boyanka Kostova utilizan sen miramento os ritmos e sons urbanos para dar voz ao entorno rural. Tampouco rexeitan tirar da súa perspectiva aceda para tratar asuntos de actualidade como a controvertida personalidade do alcalde de Vigo en Abel the Knight. Noutros dos temas o dúo mantén un enfoque hip-hop máis ortodoxo. O disco tamén permite ao dúo formado por O Chicho do Funk e $aibran Gx2 tirar deses ritmos tropicais que forman parte da súa carta de presentación, tanto neste proxecto coma noutros paralelos que manteñen.

datos do disco

 

 

 

Sponsored Links: No Frills Flyer, Freshco Flyer, Food Basics Flyer, Walmart Flyer, Giant Tiger Flyer