Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / Segundo disco do proxecto Hi-Fi:Wi-Fi de Cé Tomé

'MAD:AME' REDUCE AS DISTANCIAS ENTRE ACúSTICO E ELECTRóNICO E ENTRE LOCAL E GLOBAL

Segundo disco do proxecto Hi-Fi:Wi-Fi de Cé Tomé

ELECTRóNICA | xuño 22, 2020

hifiwifi_madame.jpg

O polifacético artista vigués afincado en Bruxelas, Cé Tomé, presentou durante a etapa de confinamento mad:ame o segundo disco do seu proxecto Hi-Fi:Wi-Fi. Dacabalo entre o electrónico e o acústico, Tomé, que tamén usa o alias MisterChoco, presenta un disco con sete cortes que reconcilian o analóxico e o dixital nunha experimentación que non refusa unha escoita para o baile. A sonoridade en conxunto de mad:ame , dentro da súa enorme variedade tema a tema, achega tamén unha constante sensación tribal e telúrica. As pezas, longas de entre 5 e 9 minutos, permiten ao artista introducir todo tipo de recursos dixitais como sintetizadores e "samples", ou analóxicos con instrumentos de percusión de diversas culturas para levar a escoita á creación dunha atmosfera cosmopolita no sentido máis exótico e aberto do termo. O disco foi autoproducido contando coa colaboración de Pablo Martín en Vigo. mad:ame está dispoñible na plataforma Bandcamp e dispón dunha edición limitada en CD.

datos do disco

 

 

 

Sponsored Links: No Frills Flyer, Freshco Flyer, Food Basics Flyer, Walmart Flyer, Giant Tiger Flyer