Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / Luar Na Lubre entra en temática Xacobea co seu novo disco 'Vieiras e vieiros, historias de peregrinos'

A BANDA LANZA O DISCO ESTE VERNES E Dá O SEU PRIMEIRO CONCERTO NA ESTRADA

Luar Na Lubre entra en temática Xacobea co seu novo disco 'Vieiras e vieiros, historias de peregrinos'

FOLK | xuño 25, 2020

imaxe non dispoñible

Luar Na Lubre publicará este venres, 26 de xuño, o seu 19º traballo discográfico: Vieiras e vieiros, historias de peregrinos. O álbum pon en valor as historias vinculadas ás persoas que percorreron, e hoxe en día seguen a percorrer, o Camiño de Santiago: Os seus peregrinos. O disco, editado por Warner Music e producido por Mirmidón, conta co apoio da Xunta de Galicia a través do programa O teu Xacobeo. Con este novo traballo a formación pon banda sonora ao Camiño de Santiago ao seu paso por Galicia a través de 27 temas nos que o grupo intercala as súas creacións con sonoridades propias dos sendeiros e lugares que percorre o itinerario xacobeo, ademais daquelas músicas tradicionais que perviviron ao longo dos tempos no territorio. O factor humano do Camiño de Santiago fía o relato do traballo artístico, que recolle vivencias persoais, feitos históricos, lendas e sonoridades vinculadas, intimamente, os diferentes carreiros da ruta, o antigo Camiño das Estrelas dos celtas. Bieito Romero, fundador do grupo, sinala que os temas deste novo álbum "visualizan historias de peregrinos chegados a Galicia que, desde Luar Na Lubre, recollimos en diferentes momentos e mediante diferentes vías, tamén por medio do relato de peregrinos modernos". O álbum acompáñase dunha recompilación de músicas relacionadas co Camiño de Santiago ao longo da traxectoria artística de Luar Na Lubre. Este segundo disco, no que aparecen cantigas versionadas polo grupo en anteriores traballos, conta con colaboracións de figuras recoñecidas como Pablo Milanés, Diana Navarro, Ismael Serrano, Miro Casabella, Carlos Jean ou mesmo a Orquestra Sinfónica de Bratislava.

En Vieiras e vieiros, historias de peregrinos adáptanse tamén relatos que forman parte de textos coma o Códice Calixtino, ademais de sonoridades e elementos coñecidos a través de investigadores envorcados na temática xacobea e que o grupo tivo presente á hora de musicar. Deste xeito, Luar Na Lubre rende homenaxe ao labor de figuras como Don Elías Valiña, párroco no seu momento no Cebreiro, porta de entrada do Camiño en Galicia e recuperador fundamental do Camiño mordeno. O álbum tamén rememora o encontro en Dumbría entre o bispo armenio Mártiros de Arzendjan e a besta maligna á que nomeou Vákner; ou lembra a lenda de Dugium, a cidade asolagada; á vez que achega sonoridades propias da ruta xacobea, como o son da Berenguela, os corvos da Ulloa ou as gaivotas e o mar de Fisterra.

Primeiros concertos
Coincidindo co lanzamento este mesmo venres terá lugar o primeiro concerto a ceo aberto do grupo logo destes meses de confinamento. A cita será na localidade pontevedresa da Estrada. A actuación, enmarcada nas festas patronais de San Paio, comezará contra as 22.00 horas deste día 26 na Praza do Concello e, seguindo os protocolos de seguridade sanitaria, terá unha capacidade máxima de 400 persoas. As novas citas de Luar Na Lubre co público xa están marcadas no calendario: 17 de xullo, en Oeiras (Portugal); 1 de agosto, en Toro (Zamora); e, o 13 de agosto, en Candeleda (Ávila).

datos do disco

 

 

 

Sponsored Links: No Frills Flyer, Freshco Flyer, Food Basics Flyer, Walmart Flyer, Giant Tiger Flyer